Gonzalo Caballero apela a evitar o "susto" de que "a dereita e a ultradereita senten no Consello de Ministro"

Marina Ortega e Juan Carlos Francisco repiten como candidatos ao Congreso e ao Senado polo PSOE de Ourense.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 07/10/2019 | Actualizada ás 17:09

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, chamou ao "voto útil" ao PSOE nas próximas eleccións xerais do 10 de novembro para evitar o "susto" de que "a dereita e a ultradereita permitan sentar no Consello de Ministros a Pablo Casado e Santiago Abascal".

Gonzalo Caballero, nun mitin do PSOE en Vigo
Gonzalo Caballero, nun mitin do PSOE en Vigo | Fonte: © Miguel Núñez.

Así o explicou no seu primeiro acto de precampaña en Ourense, cidade na que presentou a lista de candidatos ao Congreso e ao Senado polo PSOE por esta provincia que encabezan de novo Marina Ortega e Juan Carlos Francisco Rivera, respectivamente.

Neste escenario, Caballero subliñou que o próximo día 10 de novembro "cada voto é fundamental para decidir o futuro do país" e presentou ante os cidadáns como alternativa á dereita e a ultradereita a un "PSOE que representa un modelo de progreso, de avance social e de liberdades".

O secretario xeral do PSdeG pediu o apoio para Pedro Sánchez para "seguir avanzando pola senda dos dereitos e liberdades que a dereita pon en risco". Entre eles, citou o dereito á interrupción do embarazo, á eutanasia, á igualdade entre home e mulleres e os avances na defensa da memoria histórica.

Así mesmo, mostrouse "preocupado" despois de escoitar o "discurso político preocupante e incendiario" do acto de Vox celebrado o pasado domingo en Vistalegre (Madrid) e que logrou reunir a máis de 10.000 persoas. Precisamente a eles, acusounos de "botar ao PP ao monte" e dixo entender que "a cidadanía se merece unha formulación mellor".

Caballero asegurou que o PSOE está "comprometido co Estado das autonomías". "O goberno ten claro que o financiamiento autonómico e a actualización das entregas a conta hai que facelas", declarou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta