O Concello de Ponteceso dá 24 horas para apontoar o edificio con gretas

O técnico municipal comprobou nas últimas horas que o apontoamento inicial fora "unha chapuza", polo que se lle requiriu ao propietario un "apontoamento profesional".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2019 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

O Concello de Ponteceso (A Coruña) concedeu un prazo de "24 horas" ao responsable das obras no baixo dun edificio desaloxado o fin de semana debido a unhas gretas, para realizar un "apontoamento profesional" para que os veciños poidan regresar ás súas vivendas.

Así o explicou, en declaracións a Europa Press, o concelleiro de Seguridade, Faustino Santiago, despois de que o técnico municipal comprobase nas últimas horas que o apontoamento inicial fora "unha chapuza", polo que se lle requiriu ao propietario un "apontoamento profesional".

Unha vez que leve a cabo, para o que conta con 24 horas, o técnico municipal volverá avaliar este mércores a situación do inmoble, e, se é "favorable", os veciños poderán regresar ás súas vivendas no edificio afectado.

Tras a inspección realizada este luns por un técnico das obras que o dono realiza no baixo do inmoble, os traballos foron paralizados ata que se emita o oportuno permiso municipal.

FEITOS

Foron residentes do inmoble os que contactaron coa central de emerxencias do 112 cando pasaban das 23,00 horas deste sábado polas gretas nun edificio que consta dun baixo que se atopa en obras e dúas plantas con dúas vivendas en cada unha, algunhas desocupadas.

Seguidamente, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) solicitou a intervención dos membros do GES da localidade, que procederon a controlar a estrutura ata que técnicos municipais acudiron a avaliar a situación, para que se adopten as medidas necesarias para garantir a seguridade.

Lugar 0nde foi desaloxado un edificio en Ponteceso
Lugar 0nde foi desaloxado un edificio en Ponteceso | Fonte: Goole Maps.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta