A Xunta carga contra a ministra de Industria por "acudir a Galicia sen ningún tipo de proposta"

O conselleiro Francisco Conde arremete contra o "caos enerxético" do Goberno de Pedro Sánchez, que "está a arrastrar a toda a industria" de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2019 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, cargou contra a ministra de Industria en funcións, Reyes Maroto, por "acudir a Galicia sen ningún tipo de proposta nin concreción" para a crise industrial que se vive en plantas como as de Endesa das Pontes e a de Alcoa de San Cibrao.

Reyes Maroto, ministra de Industria
Reyes Maroto, ministra de Industria | Fonte: EP.

Na súa comparecencia no pleno do Parlamento galego, Conde criticou que a ministra "nega" a información sobre o borrador do estatuto pendente de aprobación para a industria electrointensiva, polo que reclama que "traslade" ese texto.

Respecto diso, arremeteu contra o "caos enerxético" do Goberno de Pedro Sánchez, que "está a arrastrar a toda a industria" de Galicia.

Esta comparecencia prodúcese por mor da situación da térmica das Pontes, sobre a que criticou que a reunión da pasada semana en Madrid "non cumpriu nin de lonxe as expectativas", cun Goberno "sen ideas e sen planificación", xa que "non ten nestes momentos ningunha alternativa viable que garanta" a continuidade industrial e traballo. E é que asegura que non é viable substituír actualmente o carbón pola biomasa.

"España non vai recibir ningunha medalla por ser a primeira en pechar todas as súas centrais", avisou o conselleiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta