A mellor e máis controvertida escultura de Asorey volverá a Galicia case 70 anos despois

A obra 'Santa', escultura en madeira policromada, será exhibida na mostra 'Galicia, un relato no mundo', co gallo do Xacobeo 2021.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2019 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura pechou un acordo coa Casa de Galicia en Montevideo para exhibir a 'Santa', escultura en madeira policromada de Francisco Asorey, que volverá a Galicia por primeira vez en case 70 anos para ser exhibida na mostra 'Galicia, un relato no mundo', a primeira das grandes exposicións internacionais con motivo do Xacobeo 2021, que será inaugurada no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura o próximo 14 de novembro.

Escultura a 'Santa', de Asorey. XUNTA
Escultura a 'Santa', de Asorey. XUNTA | Fonte: Europa Press

A peza, que foi considerada polo propio escultor como a obra da que estaba máis satisfeito, foi levada fóra de Galicia desde 1951, cando foi enviada a Uruguai. A 'Santa' 'representa a unha campesiña galega co corpo espido marcado polo duro traballo, portando un xugo de vacas, o que potencia a mensaxe de traballo e sometemento.

Segundo explicou ao Xunta, trátase dunha das pezas máis destacadas do traballo do escultor cambadés e tamén unha das obras de arte galegas "máis significativas e controvertidas" do século pasado, polo "potente e provocador simbolismo co cal representou a muller galega, rompendo cos códigos estéticos vixentes naquel tempo".

Comisariada por Manuel Gago, a mostra reunirá máis de 300 pezas de "gran valor simbólico" para a cultura e a identidade galega, moitas das cales están custodiadas en prestixiosas institucións de todo o mundo e viaxarán por primeira vez a Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta