Crise en Compromiso por Galicia tras o pacto electoral co BNG

Pediron a baixa o ex secretario xeral, Xoán Bascoas, ou a ex alcaldesa de Muros. Tamén todos os militantes das agrupacións de Samos e O Páramo, así como moitos da área de Santiago. Críticas polo apoio do pacto co Bloque dun ex candidato de Vox e Ciudadanos, agora na dirección de CxG. "Non ten a Franco tatuado no brazo", ironiza Piñeiro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/10/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O acordo acadado entre a actual Executiva de Compromiso por Galicia (CxG), co seu secretario xeral, Juan Carlos Piñeiro, á cabeza, e a dirección do BNG, provocou unha gran fractura desta formación galeguista. Os principais motivos están na decisión de non informar á militancia e ao Consello Nacional desta decisión pero, sobre todo, polas formas “escuras” nas que se produciu e pola viraxe ideolóxica cara a dereita deste partido.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro | Fonte: EP

Entre as baixas están as do seu ex secretario xeral e un dos fundadores de CxG, Xoán Bascuas, así como a da ex alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso. Tamén marchan varios concelleiros de toda Galicia e toda a agrupación de Samos e O Páramo, así como case a totalidade da de Sarria. As baixas tamén son numerosas na área de Santiago, o que obrigará a dirección a nomear xestoras ou a elixir novas direccións locais.

Con todo, Juan Carlos Piñeiro, en declaracións a Galicia Confidencial, minimiza esta crise  e asegura que “só pediron a baixa unhas 20 persoas”. “Un número moi pequeno se se ten en conta que temos 400 afiliados”, asegura. 

"INTERESES ESCUROS"

Entre as persoas que marchan a visión é diferente. Critican as formas da nova dirección e, especialmente, a súa “dereitización” e non entenden como o BNG puido chegar a un acordo cunha formación que ten unha deriva “perigosa” cara “á dereita máis rancia”. Por iso, non dubidan da existencia de “intereses escuros” ou “promesas da dirección do Bloque para colocar” a determinados dirixentes de CxG e consumar, así, a súa disolución dentro das siglas do BNG.

Poñen como exemplo o caso de José Luis Calo, que primeiro militou en Ciudadanos en Ames e no 2016 presentouse pola ultradereitista Vox na provincia da Coruña. “E agora está na Executiva de CxG e, ademais, aplaude o pacto co BNG”, apuntan.

“Eu son un demócrata e non miro de onde ven a xente. Non é un corrupto, non roubou e está en CxG porque acepta o noso ideario galeguista. Se non o aceptaba, non estaría con nós”, respondeu Piñeiro a estas declaracións. “Aquín non vemos de onde ven, senón cara onde vai e as persoas evolucionan”, suliña ao lembrar que el mesmo foi concelleiro co PSOE. “Eu veño do ámbito de UGT e hai presidentes de comités de empresa deste sindicato que son concelleiros do PP”, afirmou.

“El deume as súas razóns persoais e as súas explicacións convencéronme e por iso está na miña Executiva”, indicou. “Igual agora ten valor dobre que acepte o ideario galeguista”, engadiu. Ademais criticou a aqueles que o poñen na diana. “A min paréceme que é moito más demócrata un que ven de Vox que outro que marcha dun partido Porque perde unhas eleccións internas”, engadiu.

E sobre a súa anterior militancia quixo ir máis alá: “Non leva unha tatuaxe de Franco no brazo e non foi un activo dirixente de Vox... Obviamente se estivera berrando 'Una España grande y libre' pois non estaría na Executiva de Compromiso”, indicou.

PNV

Preguntado se o acordo co BNG pode afectar o pacto que existe co PNV, Piñeiro tamén foi contundente e asegurou que “eles mesmos aplaudiron o acordo”. “Non fai falla que diga a distancia ideolóxica que temos co Bloque pero tamén eles entenderon que había que chegar a este acordo polo ben do país”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

20 Puki pati

Si se gastara un cuarto de la energía que se está empleando para dar caña al BNG en construir un nacionalismo fuerte y plural, seríamos Holanda, Finlandia etc...en vez de Ruanda......Patéticamente inútiles, como siempre!

1 sermos mantidos

Holanda é rica grazas aos escravos de Ruanda. Patético o modelo supremacista, racista, colonial, clientelar, de negocio dereitista, capitalista sen escrúpulos, do eurocentrismo e desarrollista que algúns tedes na cabeza (comezando polo BNG e polo Beiras, que van de alternativos burlándose dos 'outros' que aínda son máis periféricos). A condición humana que nos iguala quédavos lonxe a moitos da presunta esquerda.

19 Vale con un que foi de Vox?

Cando van dimitir os dirixentes do BNG responsábeis de asinar ese acordo? Foron uns verdadeiros manzanillos, porque os de CxG enganáronos meténdolles a un político que foi de Vox na candidatura da Coruña. Que vergoña! E vai facer campaña Néstor Rego co que foi de Vox por toda a provincia?

1 Non vale

Non vale mentir home que ten que ver o que vai pola Coruña co que foi de Vox. É como se eu digo que ti fuches da Falange, creo que ti non, aínda que algún que utiliza as túas tácticas si

18 Simbad

Outro voto menos para o BNG

17 Terra do queixo

Adiante este acordo de País de vontade política de ter Galiza como obxectivo. Parabéns. Menos ruído e máis construír, menuda crítica á compromiso de aqueles que botaron a todos dios, afiliado 100 persoas sen cota para gañar unha convencion, verdadeiro Bascuas e o seu garçon o sancristán? Canto exemplo de demócrata

16 Malas noticias

En 2012 CXG fixo algo parecido con Terra Galega. Dicían que con esa alianza sacarían representación segura. Resultado: non sacaron nada e os resultados foron peores que indo sós.