Buscan unha octoxenaria con posible demencia desaparecida en Monterrei

O seu fillo denunciou que desde as 20,00 horas deste martes día 8 falta a súa nai, que pastoreaba ovellas nunha leira próxima ao seu domicilio.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/10/2019 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

A Garda Civil busca desde a noite deste martes día 8 a unha octoxenaria veciña do municipio de Monterrei (Ourense) con posible demencia senil ou perda de memoria.

Así o indicaron fontes do Instituto Armado, que concretaron que buscan desde as 23,00 horas deste martes a Pilar Novoa Gómez, de 85 anos de idade e veciña da parroquia de San Cristovo.

O seu fillo, indicaron as mesmas fontes, denunciou que desde as 20,00 horas deste martes día 8 falta a súa nai, que pastoreaba ovellas nunha leira próxima ao seu domicilio.

Castelo de Monterrei
Castelo de Monterrei

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta