Cae o número de matrimonios que rompen en Galicia

O número de demandas descendeu un 14,3 por cento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2019 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

O número de demandas de ruptura matrimonial presentadas en Galicia no segundo trimestre do ano descendeu un 14,3 por cento respecto dos datos do mesmo período do pasado exercicio, ao rexistrar 1.417 fronte ás 1.717 de 2018.

Así se desprende dos datos facilitados polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), nos que a rebaixa deste indicador en Galicia superou á media estatal, onde se reduciron un 6,7 por cento as demandas deste tipo.

Estas cifras indican que, por cada 10.000 galegos, déronse 5,5 demandas no período estudado (6,1 na media estatal se se teñen en conta os datos de poboación a 1 de xaneiro de 2019), mentres que en comparación ao primeiro semestre do ano estes procesos descenderon un 9 por cento.

Tamén se reduciron os divorcios consensuados e os non acordados un 14,5 (de 979 a 840) e un 13,4% (665 a 576), respectivamente, ademais das separacións de mutuo acordo (de 50 en 2018 a 39 no mesmo período deste ano).

Os datos do CGPJ tamén indican que non se rexistraron peticións de nulidade matrimonial fronte ás dúas de 2018, e que no segundo trimestre iniciáronse uns 175 procedementos de modificación de medidas consensuadas, un 2,8 % menos que no mesmo período do ano anterior.

No caso das demandas de modificación de medidas non consensuadas, estas pasaron de 479 a 477, un descenso do 0,4 % menos. Sobre os procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais, rexistráronse 264 demandas de modificación de medidas consensuadas, fronte ás 256 do segundo trimestre de 2018, o que supón un aumento do 3,1%; e 356 demandas de modificación de medidas non consensuadas (381 o ano pasado), o que representa unha baixada interanual do 6,6%.

FOLGA DE FUNCIONARIOS

O CGPJ matizou, no entanto, que esta relación de datos debe ser interpretada en reacción á folga de funcionarios producida entre e maio de 2018, que "afectou ao normal funcionamento da Administración de Xustiza en Galicia" e "deixáronse de rexistrar procedementos".

A pesar diso, asegurou que parte dos xulgados contaron cun plan de reforzo de funcionarios durante os meses estudados de 2019, co obxectivo de "liquidar as consecuencias da protesta e axilizar os asuntos pendentes".

Matrimonio. ISTOCK - Arquivo
Matrimonio. ISTOCK - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta