Ribeira e A Pobra insiren anuncios en castelán na revista de GB

Socialistas e nacionalistas presentan varias iniciativas criticando o apoio destes dous concellos a "Vosotros" e piden que expliquen os motivos. Critican tamén a deturpación do topónimo da Pobra.

Por Galicia Confidencial | A Pobra | 27/05/2012 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

A asociación sen ánimo de lucro “Galicia Bilingüe”, que se autodefine como “apartidista e independiente” vén de presentar recentemente en Vigo unha revista de vintecinco páxinas denominada “Vosotros” (dispoñible en dúas versións, unha en castelán e outra en castelán e galego na páxina www.galiciabilingue.es). Esta revista ten o apoio económico de dous concellos galegos, o de Ribeira e da Pobra –ambos gobernados polo PP-, este último cunha páxina completa a toda cor anunciando a súa marca turística en castelán, segundo denuncian os voceiros do Psoe e do BNG deste concello.

None

 

"En ambas versións, castelán e “bilingüe”, o Concello da Pobra anúnciase institucionalmente en castelán, posicionándose dentro desa suposta liberdade de elección do idioma que di defender “Galicia Bilingüe” a favor do castelán, utilizando o medio de expresión desa asociación como plataforma para a definición da preferencia política do Sr. Maceiras", sinala nun escrito os socialistas.

 

Deturpación do topónimo

 

A revista, que debe ser o vehículo de expresión do que o colectivo que a edita entende por "pluralismo lingüístico", repite na súa curta estensión o topónimo castelanizado “Puebal del Caramiñal” -ou abreviado como “Puebla" ou "La Puebla", en máis dunha ducia de ocasións, "sen que ao Sr. Maceiras lle trema o pulso á hora de asociar a imaxe da vila co perfil editorial da publicación, a pesar da utilización impropia e reiterada do nome do concello, sen amosar respecto algún polos graves sucesos producidos nos anos oitenta e noventa en torno ao emprego ilegal do topónimo histórico castelanizado", apunta o PSdeG en nota de prensa.

 

"O caso do Concello da Pobra é especialmente grave porque esta última acción do Goberno do PP é a última dunha serie delas que están a supoñer unha involución no uso e promoción da lingua galega por parte da institución local. Ademais, insire a publicidade nunhas páxinas referidas á comarca e ao escritor Victoriano García Martí onde, repetidamente, se fala de “La Puebla”, “Puebla del Caramiñal”,  e “Puebla”. Consideramos inaceptábel que o alcalde de todas e todos os pobrenses permita, e colabore quizáis con cartos públicos, a deturpación do noso topónimo. Unha vez máis, o sr. Maceiras deixa ben ás claras con este tipo de actuacións que el non é o alcalde de todos e todas e, moito menos, o pacificador social que, a respecto do idioma no noso concello, di ser", sinalan en nota de prensa dende o BNG.

 

Os únicos de toda Galicia

.

"A publicidade institucional dos concellos da Pobra e Ribeira na revista dunha Asociación que ten atacado en incontábeis ocasións á lingua propia dos galegos e galegas, nomeadamente no ámbito do Ensino, que ten como obxectivo que o galego desapareza da Galiza e que emprega como argumento principal que o galego se impón aos cidadáns e cidadás, lévanos a concluír que nin o Goberno Municipal da Pobra nin o de Ribeira teñen o máis mínimo respecto pola lexislación lingüística vixente e, dende logo, tampouco polas veciñas e veciños aos que representan", rematan os nacionalistas da Pobra.

 

Ribeira e A Pobra son os únicos concellos de Galicia que apoian económicamente esta revista. Curiosamente, os dous concellos tiveron que acudir ao plan de axuste para lles pagar a proveedores. En concreto o da Pobra é o municipio máis endebedado por número de habitantes de toda Barbanza.

 

Coa colaboración do xornal colaborador Certo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 68 comentarios

14 Filólogo Panhispánico

Queda dito pois, por aquilo da proximidade linguística e sendo bilingues para non ofender a ninguén, o topónimo de "A Pobra do Caramiñal" en castelán é "La Puebla del Carcamal". Para máis dúbidas recurran vostedes ó Diccionario Panhispánico de Dudas, na súa entrada "Caramiñal".

13 observador

Por se algún sesudo de GB se acerca por aquí, voulle pegar a reseña de "Caramiñal" no diccionario panhispánico de dudas. Para que non lles quede dúbida de que dito palabro en latino/spanish é castrapo puro: "La palabra caramiñal no está registrada en el DPD. Las que se muestran a continuación tienen una escritura cercana. •carcamal". Pois iso que o que así pense é un carcamal, non hai duda panhispánica en todo isto, iso seguro...

12 caramiña

Pero non eran os da mesa os que trincaban pasta?, agora trincan os de GB?. Ou sexa que en plena crise gastamos pasta en darlla ós talibáns españoleiros?... Recomendo a lectura dun sesudo colaborador que afirma que "los llamados séculos escuros por algunos" (cito de memoria) en realidade estiveron cheos da luz do imperio hispánico e pasa a relatar grandes conquistas territoriais dos navegantes galegos... en fin, confunde o cú coas témporas.. probes analfabetiños funcionais...

1 ManoIo2

a lus do imperio hispánico, as grandes conquistas territoriais dos cipaio-galegos… ti ou és parva, ou pensas que os demáis somos parvos.

11 Ártabro

Os dous grandes males de Galicia: a ignorancia e a traizón.

10 DANTON

cambronal m. Sitio o paraje donde abundan los cambrones o las cambroneras. Plinio xa falou dos praestamariquis. Coa chegada dos viquingos os praestamariquis, logo cambrones, fan intercambiaos cos guerreiros, os cambrones lle deixan as mulleres e eles lle deixan o casco cos cornos. Ese cosmolitismo é o que fai que prefiran falar e cantar en castelán: soy cambronés y fui a Lugo y me metieron la gaita en el ...