Almuíña di que o Sergas está a realizar o "maior investimento sanitario" da historia na área de Ferrol

O conselleiro de Medio Rural, José González, asegurou ao sector vitivinícola que as exportacións a Estados Unidos "sairán adiante", mesmo se o Goberno de Trump decide incrementar os impostos arancelarios a España.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/10/2019 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou o Plan Director do Complexo Hospitalario de Ferrol (CHUF) conta cun orzamento de 130 millóns de euros, o que supón "o maior investimento sanitario" na área de Ferrol.

En resposta a unha pregunta formulada polo deputado do PP José Manuel Rei Varela, Almuiña puxo en valor as medidas tomadas polo seu departamento para avanzar nos prazos de execución despois de que estivesen "case un ano esperando" pola resposta do Concello de Ferrol sobre o convenio para as obras e a solicitude de licenza do proxecto básico e de execución da Fase I.

O conselleiro explicou que esta fase, que conta cun investimento de 50 millóns de euros, implica a construción de dous novos edificios, un asistencial e outro de apoio, e comeza por áreas funcionais asistenciais definidas no Plan Director como prioritarias.

Ademais, indicou que prevé actuacións de mellora fundamentalmente en varios servizos hospitalarios tales como plantas de hospitalización, urxencias, UCI pediátrica e adultos, neurociencias, cardiología, diáleses, radioloxía, farmacia e cociña.

O titular de Sandiade sinalou que os novos edificios albergarán o hospital de día, cardiología, diálese, UCI e neonatología, así como consultas externas, gabinetes, xerencia, dirección e administración, entre outros servizos. "Nuns meses finalizaremos a Fase I", manifestou Almuiña, que asegurou que desde ese momento os veciños poderán gozar das novas instalacións.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña | Fonte: Xoán Crespo.

EXPORTACIÓNS DE VIÑO 

O conselleiro de Medio Rural, José González, asegurou ao sector vitivinícola que as exportacións a Estados Unidos "sairán adiante", mesmo se o Goberno de Trump decide incrementar os impostos arancelarios a España e a outros países da Unión Europea (UE).

Con estas palabras, González enviou unha "mensaxe de tranquilidade" a toda a industria vinícola galega, e aseguroulles que "a produción e exportación de 15 millóns de euros ao mercado estadounidense" --que se reflicte nas cifras actuais-- soportará a subida arancelaria "pola gran calidade e o alto valor engadido do viño", así como a capacidade de competir coa que contan os produtos galegos a nivel internacional.

Destacou que o máis importante é a postura de firmeza pola que apostou tanto o Goberno de España como a Unión Europea, unha posición que a Xunta apoia para demostrar "a unidade" de todas as institucións respecto deste asunto.

Ademais, lembrou as dinámicas que levan a cabo desde o departamento que dirixe e que se basean en reforzar a imaxe de marca (Galicia Calidade), desenvolver o enoturismo e innovar e formar ás novas xeracións para alcanzar os mellores estándares de calidade e a sustentabilidade ambiental.

Todo isto para "converter o viño na punta de lanza da produción agro-gandeira galega", sentenciou González, ao fío dunha pregunta exposta polo deputado popular Moisés Branco na que cuestionaba ao Goberno galego polos obxectivos fundamentais da estratexia de dinamización económica territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta