Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2019 | Actualizada ás 10:59
Galicia rexistrou un total de 4.631.000 viaxeiros de autobús urbano en agosto, o que supón un incremento do 0,8% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).
Esta subida é inferior ao avance medio entre autonomías (1,9%), nun índice interanual que creceu en todas as comunidades.
A galega sitúase como a quinta autonomía cun incremento máis leve de usuarios de transporte urbano por autobús, despois de Castela e León (0,1%), Murcia (0,2%), Madrid (0,6%) e País Vasco (0,6%). No polo oposto, as maiores subidas danse en Canarias (7%), Estremadura (4,6%) e Castela-A Mancha (3,9%).
Por outra banda, no que vai de ano, entre xaneiro e agosto, os viaxeiros de bus urbano aumentaron en Galicia un 2,5%, por baixo do 3,7% estatal.
TRANSPORTE NO CONXUNTO DE ESPAÑA
No conxunto de España, o número de viaxeiros que optou por viaxar en avión para desprazarse polo interior do estado en agosto aumentou un 6% en agosto respecto ao mesmo mes de 2018.
Mentres, os que elixiron os trens AVE subiron un 9,2% e os que optaron polo autobús para os seus desprazamentos incrementáronse un 4,7%.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.