Política Social reclama unha lista de compromisos ao Goberno ante a súa "falta de interese"

A conselleira de Política Social, Fabiola García, lamentou que este xoves a ministra de Sanidade en funcións, María Luisa Carcedo, non asistise ao Consello Territorial de servizos sociais e atención á dependencia: "é un claro desplante".

Por E.P. | MADRID | 10/10/2019 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, lamentou que este xoves a ministra de Sanidade en funcións, María Luisa Carcedo, non asistise ao Consello Territorial de servizos sociais e atención á dependencia, pero asegurou que aínda así lle reclamará varios compromisos que o Goberno non cumpriu aínda coas comunidades autónomas.

"Lamentamos que non asista a ministra porque é un claro desplante a todas as comunidades autónomas, pero sobre todo porque é unha falta de interese que ten o Goberno central por escoitar as distintas demandas, as distintas inquietudes e necesidades das distintas comunidades que compoñen España", insistiu García á súa chegada ao Consello Territorial celebrado en Madrid.

A pesar da falta de asistencia de Carcedo, Fabiola García celebrou que se convocou o Consello Territorial que "estivo estancado desde marzo" no que pedirá ao Goberno a súa obrigación de cumprir coas transferencias aos CC.AA en referencia ás axudas para persoas dependentes ou o compromiso de abrir unha nova residencia que cre un Centro de Referencia Estatal de Autonomía Persoal e Axudas Técnicas (CEAPAT) en Galicia.

A conselleira asegurou que lembrará ao Executivo de Pedro Sánchez o seu compromiso de sacar adiante o novo Plan Nacional de Alzéhimer, a nova repartición do IRPF que supón, segundo sinalou García, "un incremento para Galicia dun 11% destinado a todas as entidades sociais do sector", ou a transferencia de "medio millón de euros a Galicia para o centro galego de atención integral a persoas con discapacidades".

"Galicia tamén aproveitará a ocasión para saber por que motivo se reduciron os fondos de 400.000 euros destinados á pobreza infantil e reclamará novamente o cumprimento da Lei de Dependencia, un cofinanciamento do 50% do Estado e 50% da comunidade para pagar os servizos de persoas maiores con discapacidade", especificou García.

A conselleira galega de Política Social, Fabiola García.. XUNTA DE GALICIA - Arquivo
A conselleira galega de Política Social, Fabiola García.. XUNTA DE GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta