Catro empresas galegas, finalistas dos Premios Nacionais de Artesanía

Artesanía de Galicia, Eferro, Ojea Studio e Anaquiños de Papel compiten como finalistas das cinco categorías dos Premios Nacionais de Artesanía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2019 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

Catro candidaturas galegas compiten como finalistas das cinco categorías dos Premios Nacionais de Artesanía, segundo informou a Xunta a través dun comunicado.

En concreto, Artesanía de Galicia aspira a gañar na categoría de Premio Promociona para Entidades Públicas, na que xa foi galardoada en dúas ocasións anteriores. A maiores, nesta edición dos recoñecementos tamén foron seleccionados como finalistas noutras categorías tres talleres galegos: Eferro, Ojea Studio e Anaquiños de Papel.

Os Premios Nacionais de Artesanía son convocados anualmente polo Ministerio de Industria co obxectivo de recoñecer as traxectorias e actuacións máis destacadas no ámbito da artesanía contemporánea.

Con iso, busca contribuír ao desenvolvemento e á competitividade das pemes do sector artesán, así como incentivar nelas a innovación, o deseño e a súa capacidade de adaptación ao mercado.

Nas 12 edicións que leva este galardón foron elixidas como finalistas 25 candidaturas galegas, das que 10 alcanzaron finalmente o premio e unha recibiu unha mención especial.

Galicia opta aos Premios Nacionais de Artesanía.. XUNTA
Galicia opta aos Premios Nacionais de Artesanía.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta