Gómez-Reino acusa a Sánchez de "ir a rebufo" nas políticas sociais tras anunciar a suba das pensións

Defende que a "única garantía" dun goberno "progresista" é que Unidas Podemos estea nel.

Por E.P. | A CORUÑA | 10/10/2019 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Podemos Galicia e cabeza de lista de En Común-Unidas Podemos nas eleccións xerais de novembro pola provincia da Coruña, Antón Gómez-Reino, tachou de "electoralista" ao anuncio do presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, de subir en decembro as pensións conforme ao IPC.

"Sánchez vai a rebufo nas cuestións sociais", asegurou, a preguntas dos xornalistas, tras presentar as iniciativas que, como deputado do grupo parlamentario confederal, presentou relativas a cuestións como a titularidade da Casa Cornide, na Coruña.

Sobre os anuncios do presidente do Goberno en funcións, Gómez-Reino considerou "case unha burla que salga esta semana para volver dicir que vai derrogar a reforma laboral". "Sistematicamente o PSOE di unha cousa en campaña e fai outra cando está no goberno", apostilou en relación ás declaracións de Sánchez.

En particular, respecto das pensións, Gómez-Reino recalcou que é "imprescindible" a súa equiparación á subida do IPC. "E facelo por lei", insistiu o candidato de En Común pola Coruña, para quen o candidato socialista anuncia unha medida que "non vai facer".

UNIDAS PODEMOS, "NO GOBERNO"

Por outra banda, sobre as eleccións do 10 de novembro, insistiu en que para que haxa un goberno "que faga" políticas "progresistas e de esquerdas" fai falta "que Unidas Podemos estea dentro dese goberno".

"Porque se non a tentación, e o que esta dicindo claramente o PSOE, é unha gran alianza con Ciudadanos e PP", advertiu Gómez-Reino, quen recalcou que o grupo confederal é o único que pode garantir "políticas avanzadas" en materia social.

INICIATIVAS

O tamén secretario xeral de Podemos Galicia realizou estas manifestacións tras informar da iniciativa que, como deputado, presentou en setembro en relación á Casa Cornide. Nela, insta o Goberno a aclarar se pensa investigar sobre a adquisición do inmoble por parte da familia Franco e se ten previsto adoptar algunha medida para recuperar a propiedade.

Ademais, informou do escrito dirixido, o mércores 9 de outubro, ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación en funcións, Luis Planas, para saber que medidas vai adoptar o Goberno para "eludir ou paliar a presión" de Estados Unidos sobre os produtos europeos, entre eles os españois ante os novos aranceis anunciados.

Xa na súa condición de membro da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa, avanzou a intención de presentar, ante a mesma, senllos informes, un sobre as rías galegas e, en particular sobre a situación da ría do Burgo, e outro sobre a memoria histórica, en relación a inmobles como o Pazo de Meirás.

"Para que o Consello de Europa se sitúe, se o Goberno ten que personarse nesa causa", apostilou Gómez-Reino sobre a situación do Pazo de Meirás e tras cuestionar a actuación do Executivo a este respecto.

Antón Gómez-Reino, secretrio xeral de Podemos Galicia e candidato pola Coruña de En Común-Unidas Podemos. EN COMÚN
Antón Gómez-Reino, secretrio xeral de Podemos Galicia e candidato pola Coruña de En Común-Unidas Podemos. EN COMÚN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta