Os policías xemelgos de Ourense declararán como investigados polo roubo de armas en comisaría

O feito está relacionado coa morte en abril de 2016 de Celso B. A., compañeiro na Policía e amigo dos acusados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2019 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución número 1 de Ourense chamou a declarar como investigados aos inspectores xemelgos Roi e Bernardo D. L. polo roubo de seis armas na comisaría da Policía Nacional da cidade nos anos 2014 e 2015.

Xemelgos policías entran no edificio xudicial en Ourense
Xemelgos policías entran no edificio xudicial en Ourense | Fonte: Europa Press.

Este feito está relacionado coa morte en abril do 2016 de Celso B. A., un compañeiro e amigo policía, efectuada mediante unha das pistolas sutraídas e investigada de forma paralela polo Xulgado de Instrución 3, que mantén imputados os dous irmáns.

Ambos xa declararon durante o pasado mes de xullo ante a Unidade de Asuntos Internos (UAI) da Policía Nacional, pero agora a Xustiza toma parte no asunto concreto do roubo armamentístico tras reabrir o caso.

A UAI eximiu na súa investigación aos xemelgos dun posible homicidio e determinou que Celso B. A. se suicidou supostamente tras roubar seis pistolas e revólveres dun búnker e enviar unha serie de anónimos a Asuntos Internos e aos medios de comunicación.

Unha hipótese na que discrepa a Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Policía Xudicial de Ourense, quen culpa ao tres implicados na subtracción e nos escritos sen autoría cos que se destapou esta trama á vez que sinala concretamente aos xemelgos como os autores do asasinato para evitar que fosen destapados polo seu amigo.

A acusación particular, exercida pola familia do falecido, solicita a prisión, do mesmo xeito que Fiscalía. A defensa dos inspectores prefire non pronunciarse respecto diso. Presumiblemente, os irmáns serán citados para finais deste mes no Xulgado de Instrución número de 1 de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta