O PPdeG "celebra como propio" o "recoñecemento" de Casado a Ana Pastor como número dous por Madrid

O presidente da Xunta declina pronunciarse sobre se esta debería ser a portavoz dos 'populares' no Congreso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2019 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, celebrou este xoves a designación da exministra e expresidenta do Congreso Ana Pastor como número dous por Madrid, tras Pablo Casado, na candidatura dos populares á Cámara baixa para as eleccións xerais do 10 de novembro.

Ana Pastor
Ana Pastor | Fonte: Europa Press.

Feijóo sinalou que a elección de Pastor para este posto na lista supón "un recoñecemento á figura política" da dirixente. Recoñecemento que, engadiu, "o PPdeG celebra como propio".

Preguntado acerca de se, dada a súa experiencia, sería unha boa opción para ser portavoz do PP no Congreso, o presidente galego rexeitou pronunciarse co argumento de que non lle corresponde a el adoptar dita decisión.

"As miñas competencias son as que son e coñézoas ben", esgrimiu, para declinar pronunciarse acerca de se Pastor debería ser a portavoz dos populares no Congreso, posto que ocupa Cayetana Álvarez de Toledo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Manguera

É normal que o PP (EN Galicia) celebre que unha española nacionalista española se presente en Madrid, capital do Imperio. Agora a ver se hai sorte e o narcopresi madrillego a acompaña...