O novo decreto de marisqueo inclúe a posibilidade de faenar en festivos como Nadal

O Goberno galego sinala que para responder a iniciativas do sector como a xestión de novos recursos, novas zonas principais de traballo ou novas técnicas ou artes regulamentarias poderán aprobarse plans de xestión.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2019 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta aprobou este xoves un novo decreto de marisqueo que inclúe un novo concepto de plans de xestión con obxectivos a tres anos, á vez que abre a posibilidade de faenar en festivos e sábados en datas extraordinarias como Nadal e Semana Santa.

Diso informou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello. Agora este texto, que busca actualizar unha regulación de 1993, será sometido ao ditame do Consello Consultivo de Galicia.

Este período de tres anos considérase adecuado para observar a evlución dos recursos, polo que o decreto establece que nos próximos anos prorrogarase tanto o plan xeral de explotación marisqueira de 2019 como os plans de xestión para recursos específicos deste ano.

O obxectivo é que o primeiro plan de xestión trianual de marisqueo de recursos xerais sexa o do período 2021-2023, mentres que o de recursos específicos sexa o dos anos 2022-2024. No marco das actividades do marisqueo está a realización de turismo mariñeiro polos mariscadores en apoio do uso de sustentable dos recursos.

Ademais, o Goberno galego sinala que para responder a iniciativas do sector como a xestión de novos recursos, novas zonas principais de traballo ou novas técnicas ou artes regulamentarias poderán aprobarse plans de xestión de vixencia inferior a tres anos.

Mariscadoras galegas
Mariscadoras galegas | Fonte: Euronews.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta