Suspendida a folga das auxiliares de Navantia tras readmitir aos despedidos: "a nosa tarefa é poder levar o pan a casa"

Entre os acordos está a posible aplicación dun Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) se así se require.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2019 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

A folga indefinida que mantiñan desde o 23 de setembro os 49 traballadores da UTE Tecman-Rayma, encargada do mantemento dos estaleiros de Navantia en Ferrol, foi suspendida tras aceptar a empresa readmitir ao nove empregados despedidos.

O presidente do comité de empresa desta UTE explicou que se chegou a un acordo nun encontro mantido na noite do xoves e que se prolongou ata as 24,00 horas. "Quero darlles as grazas aos compañeiros por secundar esta folga, xa que eles son os grandes protagonistas", trasladou o presidente do comité de empresa, que estendeu o seu agradecemento ás federacións de Industria dos sindicatos CIG e CCOO, así como a todos aqueles que apoiaron as súas reivindicacións.

A preguntas dos medios, o responsable sindical informou de que o acordo recolle tamén que se deberá negociar un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) se, chegado o caso, as condicións económicas son "inviables" para a empresa.

O sindicalista tamén destacou que os traballadores deberán incorporarse o vindeiro luns, unha reincorporación que, na súa opinión, é o "éxito" da protesta mantida. "Para o min o éxito é que todos conservemos o traballo e que continuemos todos traballando para sacar adiante a nosa tarefa e poder levar o pan a casa", resolveu.

Os traballadores da UTE Tecman-Rayma suspenden a folga en Ferrol
Os traballadores da UTE Tecman-Rayma suspenden a folga en Ferrol | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta