O BNG reclama unha investigación "independente" tras a denuncia do borrado de datos

Pontón asegurou que, tras esta denuncia, é "lamentable que se vaia contra o técnico, no canto de investigala".

Por E.P. | A CORUÑA | 11/10/2019 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou unha investigación "independente" sobre o sucedido no accidente ferroviario de Angrois despois de que un técnico que traballou para Talgo relevase á asociación de vítimas que directivos da compañía ordenaron borrar da base de datos "todas as avarías" detectadas no tren, accidentado o 24 de xullo de 2013 en Santiago, algo que a empresa di que é "tecnicamente imposible".

A preguntas dos xornalistas, coincidindo coa súa presenza no acto de presentación da candidatura do BNG ao Congreso pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de novembro, Pontón asegurou que, tras esta denuncia, é "lamentable que se vaia contra o técnico, no canto de investigala".

"Parece que esa é a tónica no Estado español, que se quere matar o mensaxeiro", engadiu Pontón, quen demandou unha investigación "de maneira independente" sobre o que pasou no accidente.

"Convencida" de que ningún técnico fai unha denuncia así "de maneira gratuíta", Pontón asegurou tamén que "do que levamos visto en Angrois, PP e PSOE fixeron un acordo tácito para tapar a súa responsabilidade", engadiu recriminando a actuación de ambas as formacións políticas.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na presentación da candidatura ao Congreso pola provincia da Coruña. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, na presentación da candidatura ao Congreso pola provincia da Coruña. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Marcos G

E o de NOS -UP que pinta na lista da UPG ?

1 Gaiker

Ao Paquirrín (que é como lle chamaban en Nós-UP) metérono para compensar o de CxG-Vox.