O Día da Galiza Combatente, lembrando aos independentistas que morreron loitando contra o narcotráfico

Este venres lembrouse a Lola e José, independentistas que morreron cando loitaban contra os “interesses do narcotráfico”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/10/2019 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

En 2001 o independentismo galego comezou a conmemorar o Día da Galiza Combatente. Unha data marcada o 11 de outubro, para lembrar a Lola Castro e José Vilar, dous independentistas pertencentes ao EGPGC (Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive) que morreron en 1990 mentres manipulaban artefactos explosivos que ían colocar contra os intereses dos narcotraficantes.

Bandeira co escudo de Castelao
Bandeira co escudo de Castelao

A MpI (Mocidade pola Independência) quixo conmemorar ese día cun vídeo no que denuncian “que hoje, igual que acontecia em 1990, o consumo de drogas é um dos principais problemas da juventude galega. Polo tanto, o narcotráfico continua a ser um dos principais inimigos da mocidade independentista. O narcotráfico é um aliado do Estado espanhol e do capitalismo, sedando à mocidade e anulando a sua combatividade”.

Ademais, esta organización pide a “imediata posta em liberdade” dos presos e presas independentistas galegos “sequestradas polo Estado espanhol polo seu compromisso coa luita pola libertaçom nacional e social da Galiza”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 arredista

En "Mocidade pola Independência" están Galiza Nova, Isca e Briga. As dúas primeiras organizacións son mocidades do BNG. Unhas mocidades que agora van de radicaloides con estes postureos baratos pero que despois van acabar todos de liberados sindicais, en chiringuitos coma A Mesa ou nas deputacións man a man co PSOE. Por certo, nesa "acción" tamén faleceu unha estudante orixinaria dunha familia obreira de Vigo. Celebrade ben, Galiza Nova, Isca e Briga.

2 Riolo

Vergonzoso. Que no cuenten mentiras. Esos dos terroristas murieron poniendo bombas que causaron muchas victimas inocentes. Si tanto querían luchar contra el narcotráfico que fueran a por Sito Miñanco y los charlines a cara descubierta. Mirad como se tapan la cara. Algo tienen que ocultar.

1 José

Un dia para esquecer, non para conmemorar. Con todos os respetos para L e J.