Ferida unha muller ao chocar contra un muro co seu vehículo en Caldas de Reis

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2019 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

Unha muller resultou ferida tras sufrir unha saída de vía e chocar contra un muro cando circulaba co seu vehículo pola estrada PO-221 á altura do lugar de Castrelo, en Caldas de Reis (Pontevedra).

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 09,15 horas deste sábado. A vítima tivo que ser rescatada do interior do coche polos servizos de emerxencia para ser a continuación trasladada a un centro hospitalario polo helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias 061.

Ademais do persoal do 061, tamén se desprazaron ao lugar do accidente axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, así como persoal do servizo de mantemento de estradas.

Helicóptero medicalizado
Helicóptero medicalizado | Fonte: JCYL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta