O Parlamento de Galicia incorpora a tradución a linguaxe de signos á súa páxina web

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2019 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia  incorporou a tradución a linguaxe de signos á súa páxina web para achegar os contidos ás persoas xordas, especialmente a aquelas que poidan presentar dificultades de comprensión lectora.

Segundo informa este sábado a institución que preside Miguel Santalices, a decisión procede das suxestións realizadas á Presidencia da Cámara por parte de asociacións e colectivos de persoas xordas.

O Parlamento lembra que nos últimos anos realizou unha convocatoria específica para persoas con discapacidade intelectual e traballa en dotar o Pazo do Hórreo con señalética orientada a persoas con trastorno do espectro autista.

Ademais, o xefe do Lexislativo galego anunciou que o Parlamento priorizará a mellora da accesibilidade dentro do plan director do edificio, que se atopa en fase de redacción.

Fachada principal do Pazo do Hórreo, sede do Parlamento de Galicia
Fachada principal do Pazo do Hórreo, sede do Parlamento de Galicia | Fonte: PARLAMENTO DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta