O Goberno de Sánchez insiste en que intervirá en Cataluña en caso de excepcionalidade

"De ningunha das maneiras" haberá "ilegalidade" na "toma de decisións", dixo.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 13/10/2019 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

A portavoz do Goberno en funcións e ministra de Educación e Universidades, Isabel Celaá, ratificou que o Estado intervirá en Cataluña, despois de que se coñeza a sentenza do 'procés', se a Generalitat "desexa abrir ou abre a porta" da excepcionalidade.

Así o manifestou Celaá este domingo en Ourense, en declaracións aos medios previas a un mitin dos socialistas, xunto co secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

A portavoz do Executivo asegurou que "se aplicarán todos os instrumentos" do estado de dereito con "firmeza democrática, proporcionalidade e unidade". "De ningunha das maneiras" haberá "ilegalidade" na "toma de decisións", a "cuestión da orde está garantida por unha excelente coordinación entre as forzas e corpos de seguridade do Estado e os Mossos d'Esquadra", apostilou.

Con todo, a ministra clarificou que o ideal é que este estado de excepcionalidade non chegue a ocorrer, senón que "quen senta unha emoción poida expresala de maneira libre, democrática e civilizada".

22D en Barcelona: o día despois da decisiva xornada electoral Cataluña trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución
22D en Barcelona: o día despois da decisiva xornada electoral Cataluña trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución | Fonte: Autor: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta