O PPdeG critica a exhumación de Franco "porque é un problema do século pasado"

Tellado di que "non é unha prioridade para a maioría de españois e galegos" e dvirte que Sánchez "non é a solución" aos problemas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2019 | Actualizada ás 16:39

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, considera que a recente aprobación en Consello de Ministros da exhumación do ditador Francisco Franco "forma parte da campaña electoral" do PSOE e que "é unha prioridade para o presidente do Goberno", Pedro Sánchez, pero "non" para "a maioría de españois e galegos".

Nunha entrevista concedida este domingo a Radio Nacional, recollida por Europa Press, o número dous dos populares galegos advertiu que a retirada dos restos de Franco do Valle de los Caídos non é prioritario para Galicia porque "vive unha das peores crises industriais da súa historia, fundamentalmente pola actuación irresponsable" do Executivo estatal.

"Interesaríanos que o Goberno se centrase nos verdadeiros problemas da cidadanía do noso país do século XXI e non estivésemos a revolver cuestións do século pasado", incidiu Tellado. O futuro da planta de Endesa nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña) é un tema clave para o secretario xeral do PPdeG, quen dixo "non oporse" a unha transición ecolóxica sempre que sexa "xusta e razoable".

No caso concreto desta central térmica, explicou que "ata a chegada do Goberno de Pedro Sánchez" a súa vida útil "estaba fixada ata 2045". "Chegaron os socialistas e o primeiro que fixeron foi rebaixala entre 15 e 20 anos", afeou.

UNHA "ASFIXIA FISCAL"

Neste sentido, Tellado criticou que o Executivo estatal "asfixiou fiscalmente ás térmicas suprimindo o céntimo verde ás que funcionan por gas, pero manténdoo ás que funcionan por carbón", como a das Pontes, o que "levou á súa falta de competitividade".

A continuación, reclamou establecer "un marco fiscal que permita a viabilidade" destas plantas "ata que haxa unha folla de ruta" para a transición enerxética. Sobre as empresas electrointensivas, volveu a urxir un estatuto que estableza "un prezo competitivo e estable" da enerxía que "garanta a competitividade internacional" das empresas para as cales estes custos "supoñen o 40 por cento" do total.

Tamén no plano estatal, afeou ao Executivo que "leve xogando con Galicia e as comunidades autónomas desde antes do verán" por reter as partidas correspondentes ás entregas a conta. Esta semana desbloqueou 330 millóns para Galicia, menos da metade dos 700 que reclama a Xunta.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa no Parlamento de Galicia
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa no Parlamento de Galicia | Fonte: PPdeG

De cara ás eleccións xerais do 10 de novembro, Tellado valorou que as enquisas favorables ao PP en Galicia --despois de que o 28 de abril o PSOE impuxésese por primeira vez nesta Comunidade-- débese a que "ao longo destes 15 meses" Pedro Sánchez demostrou que o seu Goberno "foi tremendamente negativo".

"O Partido Socialista vai pagar nas urnas o que non lle vai dando a Galicia", engadiu o número dous dos populares galegos, quen a continuación apelou non só á "concentración" do voto "moderado" e do "centro e centro dereita", senón tamén a aqueles votantes socialistas "que non senten representados por Pedro Sánchez".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

5 De Galicia

Se se desentierra a Franco podemos entender que cando volvamos gobernar ábrese a veda para desenterrar a impresentables como Castelao

1 ModeloFrancés

Yo espero que si Cs forma coalición con Feijoo, no solo eso, sino la supresión de las medallas Castelao o su sustitución por alguien digno, demócrata. Es repugnante que se haga apología de un monstruo que fue el máximo responsable del Santo Pucherazo, el mismo del que dijo Guerra da Cal cuando turisteó por NYC que se dedicó a dar misas estalinistas de pontificial todo el tiempo. La Resolución de condena y equiparación del comunismo con el nacional-socialismo está ahí, y marca un camino a la hora de ilegalizar tanto el comunismo como sus símbolos.

2 Milmandés

Dades noxo e mágoa ó mesmo tempo. A vosa democracia é o goberno do demo españolista que levades dentro: fraga, franco, raxoi, feixoo, rouco, etc. Antes de falar de Castelao limpade a boca e poñédevos de pé.

3 lóstrego

Ao Castelao desenterrástelo vós e tédelo baixo chave, nun templo da igrexa española.

4 ModeloFrancés

Se le exhumó e inhumó con autorización de la familia. Pero que esté enaltecido en un templo católico es razón suficiente para sacarlo de allí y llevarlo a SOGAMA.

4 Sentidiño

O PP contra a exhumación de Franco "porque é un problema do século pasado". O PP contra a abolición da guillotina "porque é un problema do século pasado". O PP contra a condena do holocausto "porque é un problema do século pasado". O PP contra o o combate do feminicidio "porque é un problema do século pasado". O PP contra a liberación dos nenos soldado O problema contra a loita contra o machismo "porque é un problema do século pasado". Etc etc etc O problema contra a loita contra o machismo "porque é un problema do século pasado"...

3 Sentidiño

"Galicia vive unha das peores crises industriais da súa historia, fundamentalmente pola actuación irresponsable do Executivo estatal". O executivo estatal leva en funcións desde a moción de censura contra o PPartido corruPPto, que gobernou de 2011 a 2018 (o ano pasado). A crise industrial ten nomes (Mariano e Alberto) e apelidos (Raxoi e Feixóo).

2 anonimo9504

Alcoa, en el norte de la provincia de Lugo, a punto de cerrar por que el precio de la electricidad es prohibitivo. Alcoa, la misma empresa que tiene fábricas rentables en Noruega e Islandia, países donde los sueldos son mucho más altos que aquí. Mientras en gobierno en funciones estudia sacar a la momia de Franco en helicóptero, la provincia de Lugo está a punto de perder el 33% de su PIB. Todo en orden.

1 José

En Noruega Alcoa acaba de asinar un convenio co ministerio correspondente que lle garante un suministro de enerxía eléctrica a prezo estable para o período 2020-2026, algo que podería ter feito tamén o goberno de Rajoy no seu dia... Quizás Rajoy e o seu equipo se preocuparon máis en beneficiar a Iberdrola, por non falar de outros obxectivos máis ominosos. En todo caso, a permanencia de Alcoa non é incompatible coa exhumación da mómia do ditador.

2 anonimo9504

A lo mejor si no hubiésemos empezado a caminar por la senda de tonterías queda-bien como la moratoria nuclear - en Francia tienen unas cuantas docenas de centrales nucleares - a lo mejor no estábamos así. Pero cuando se emplea en tiempo en tonterías dadas a la demagogia, de esas que entretienen al personal como revivir la Guerra Civil o presuntos cambios climáticos ... se acaba mal.

1 Antonkmo

Que demócrata eres feijoo ya sabemos que por la mañana cantas el cara al sol y echas de menos a hitler feijoo asesino hasta la muerte