A sentenza do procés altera e entra de cheo na axenda política galega

Partidos estatais como Podemos, Más País e nacionalistas como En Marea e BNG coinciden en buscar solucións políticas e diálogo, o Grupo Común da Esquerda vai máis alá e pide o indulto, e o PP e o PSOE que asuman as súas responsabilidades. A patronal galega mostra o seu "respecto" pola sentenza.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/10/2019 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

O procés entrou, sen querelo, na axenda política de Galicia e, iso, que todos eles non o tiña como tema prioritario nas súas comparecencias deste luns. Pero, é o bombazo informativo da xornada, a pesar de que parte da sentenza xa era coñecida desde o pasado sábado e, por iso, trastocou os temas e as prioridades dos políticos galegos.

Sentenza do xuízo do Procés cos líderes independentistas de Cataluña xulgados
Sentenza do xuízo do Procés cos líderes independentistas de Cataluña xulgados | Fonte: EP

E na valoración houbo diversidade de opinións. Só un partido, o Grupo Común da Esquerda, no que están Podemos, Esquerda Unida e a nacionalista Anova, foi máis alá nas súas manifestacións e pediu abertamente o indulto para os políticos procesados. A voceira desta formación, Luca Chao, falou primeiro de "dialogar" e "buscar solucións políticas" para, finalmente, recoñecer que o indulto é unha posibilidade que está aí e que habería que utilizar.

O BNG EVITA FALAR DE INDULTO 

Máis comedida foi Ana Pontón, a líder do BNG, quen evitou falar de indulto, como si defenden outros dirixentes nacionalistas de Cataluña e Euskadi. "A solución ten que ser política e, por iso, ten que imperar o diálogo", suliñou. Con todo, criticou que a sentenza "xa estivera escrita antes de comezar" o xuízo e calificouna de "inxusta e desproporcionada".

Neste sentido, criticou a "involución democrática" e a perda de "dereitos e liberdades", así como a imposibilidade de que as nacionalidades e pobos do Estado "teñan voz propia". Por iso, pediu unha rectificación política ao novo goberno que saia das urnas porque, insistiu, "a vía de solución é política". Con todo, e preguntada se o BNG condicionará o apoio a un novo goberno a esta cuestión, foi moito máis cauta. "Iso xa se verá, aínda non o temos falado na Executiva", contestou.

PSdG: "CUMPLIR O MARCO CONSTITUCIONAL"

A mesma postura que básicamente mantivo Pontón de solucións políticas, foi a que tiveron outros dirixentes políticos, como o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, o deputado de En Marea, Pancho Casal, ou a candidata de Más País pola Coruña, Carolina Bescansa.

O líder socialista dixo que os responsables políticos cataláns xulgados "teñen que respectar a sentenza", tamén apostou pola vía do diálogo, aínda que destacou, "este non vai dar resultado nun día, nun mes e nun ano",  aludindo a dificultade de atopar unha solución política ao conflicto catalán.

Caballero destacou que "non se pode estar fóra do Estado" e que aqueles que non respectan os marcos da política estatal "están fóra da lei". Por iso, considerou lóxico a sentenza e instou aos partidos independentistas a "cumplir o marco constitucional" e respectar as "leis". Con todo, quixo aclarar que, ademais das vías xudiciais, están as vías políticas e que "o que hai que facer entre todos é dialogar".

EN MAREA E ANOVA, CONTRA AS CRIMINALIZACIÓNS

Así, Casal dixo que a setentenza non vai solucionar os problemas existentes en Cataluña. "As ansias democráticas dun país non se poden resolver nos tribunais, teñen que resolverse por medios políticos", sinalou ao suliñar que En Marea nunca cambiou a súa postura desde o inicio do conflito. "Non se pode criminalizar a opinión de toda unha cidadanía", dixo en alusión ao referendo independentista.

Tamén Anova, a través dun comunicado, afirma que o Estado español "queda en evidencia" cunha sentenza que consideran "un novo intento de pechar de forma autoritaria a crise do Réxime de 78, intensificando a represión contra os movementos que defenden o dereito a decidir e contra a xente do común que denuncia políticas neoliberais".

Pola súa banda, Carolina Bescansa apelou este domingo a ter "altura de miras" e dixo que a crise política catalá non a teñen que resolver os xulgados senón que a teñen que resolver os políticos". "Lamentablemente levamos moito tempo vendo como os políticos forman parte do problema e non da solución", engadiu a socióloga santiaguesa, que confía en que as "bases" das organizacións "acaben achegando un pouco máis de sentido común á vida política española".

PPdeG: "QUEN AS FAI, QUE AS PAGUE"

Pola súa banda, os populares foron os que máis aplaudiron a sentenza. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, foi o máis contundente nas súas declaracións e suliñou que "os políticos non poden quedar impunes á lei" e que os presidentes das comunidades autónomas, os vicepresidentes, os conselleiros e os presidentes dos Parlamentos autonómicos, "se delinquen, son condenados». "Se un político a fai, que a pague porque non ten máis dereitos que un cidadán", dixo.

Na mesma liña se manifestou o portavoz adxunto do PP no Senado, o lucense José Manuel Barreiro. "Os políticos o que temos que facer é non valorar as sentenzas, dixo. Unha opinión moi semellante ao do voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, que suliñou que "quen vai contra a lei ten que asumir as súas responsabilidades".

PATRONAL

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) mostrou o seu "respecto total e absoluto" aos tribunais e institucións do Estado ante a sentenza.

A patronal galega asegura que a democracia e o principio de legalidade son inseparables, polo que "o marco constitucional debe ser o ámbito no que se desenvolva a normalidade política e económica dentro do Estado de Dereito"

Por último, os empresarios galegos confiaron en que, tras esta decisión xudicial, se abra en España unha nova etapa de estabilidade democrática.

MOBILIZACIÓNS

A sentenza do procés mobilizou á Plataforma Galiza con Catalunya que este luns convocou varias concentracións nas que se agarda a participación de formacións independentistas con Ceivar, Axir, Briga ou Nós-UP e outras nacionalistas como Anova e FPG (no Grupo Común da Esquerda), o BNG ou Cerna (en En Marea). As mobilizacións serán ás 20,00 horas en Santiago, Pontevedra, A Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol, Ourense, Burela e Redondela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 49 comentarios

1 seixocici

#SpainIsAFascistState