En Marea corrixe a Ana Ponton e a algúns medios: "non pedimos o voto para o BNG"

A formación de Villares critica que foi o Bloque o que non "quixo negociar" para ir xuntos en coalición o 10N. Pola súa banda, Pontón di que Feijóo "está nervioso" ante as "boas expectativas" do Bloque tras as críticas do presidente galego que dixo que perderá votos se vai con Compromiso por Galicia por ter xente de Vox na Executiva.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/10/2019 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

O deputado de En Marea no Parlamento de Galicia Pancho Casal saíu este luns a clarexar as palabras pronunciadas por el mesmo hai unha semana e que foron intepretadas como un apoio ás listas do BNG e Compromiso por Galicia para as eleccións do 10N.

Ana Pontón e Luis Villares
Ana Pontón e Luis Villares | Fonte: EPG

"Eu non pido nin pedín o voto para o BNG senón que pido que se expoña como alternativa a creación dunha fronte ampla de forzas soberanistas que defendan unha axenda galega de país", dixo en alusións as palabras de hai unha semana na que pedía o voto para as formacións que teñan unha "axenda galega de verdade". Unhas palabras que a líder do BNG, Ana Pontón, e determinadas crónicas de medios de comunicación, entre eles La Voz de Galicia, intepretaron como un apoio explícto ao Bloque.

Neste sentido, Casal lamentou que se "malinterpretaran" as súas declaracións. "Hai xente que confunde unha axenda galega de país coa propia axenda do seu partido, incluso o PP pensa que a súa axenda é a galega", resolveu Casal, quen sentenciou que En Marea "non vai entrar niso nin vai pedir o voto para ningún partido".

Ademais, criticou ao BNG por impedir chegar a unha alianza electoral. "O Bloque tivo a oportunidade de chegar a un acordo e non quixo negociar", dixo en alusión a non querer chegar a  esa alianza, senón obrigar a En Marea a ir nas listas do BNG, como aconteceu con CxG. Ademais, atacou a Pontón por facer "declaracións que non se axustan en absoluto á realidade".

En Marea, segundo o parlamentario, puxo sobre a mesa unha proposición "moi xenerosa" na que "non" reclamaba "nin postos, nin prevalencias, nin cadeiras de brazos, só (articular) un proxecto amplo". "O BNG tivo a oportunidade de ser o núcleo principal dese proxecto transveral e negáronse. Negáronse a calquera tipo de negociación", suiñou Casal.

CRÍTICAS DE PONTÓN A FEIJÓO

Por outra banda, a líder nacionalista tamén atacou este luns a Feijóo polas súas críticas ao pacto entre o BNG e Compromiso por Galicia (CxG), tras coñecerse a crise interna deste partido pola súa "dereitización" e pola presenza dun antigo candidato de Ciudadanos, e logo de Vox, na Executiva de CxG. "Se se xunta cun partido que se pasou a Vox pois o BNG empezará a perder votos do sentido común nacionalista", dixo Feijóo o pasado xoves.

"O que pasa é que Feijóo non quere que lle vaia ben ao BNG e está nervioso", respostou Pontón ao aludir á enquisa publicada pola Voz de Galicia que lle dá un deputado pola Coruña. "As enquisas din que imos ter representación en Madrid e sempre que o BNG está en Madrid a Galicia vaille ben", espetou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Desfeita

Moitos galeguistas progresistas votarán BNG co nariz tapado por ser (esta vez si, a profecía embigocéntrica do Bloque se autocumpriu) a única candidatura galega. Moitos galeguistas progresistas votarán a esquerda española co nariz tapado para non votaren BNG. Moitos galeguistas progresistas ficarán na casa o 10-N por non teren opción coa que se poidan identificar. Para cando unha alternativa ilusionante que defenda o país e a súa xente de xeito inclusivo, sen subordinacións e sen dogmatismo?

3 Ale

Trolls do bng a ladrar en 0,000...

2 Alienao

Los lunes de Villares. Descolinícese mozo, descolonícese!

1 Xanc

Que parte de “Non a pactos preelectorais con forzas españolas” non entendedes ? Primeiro tentades pactar con Más Madrid e logo chamades ao Bloque? Aclarádevos! Tedes que facérvolo mirar.