(Vídeos) Galegos atrapados no aeroporto de Barcelona entre cargas policiais

“Nestes momentos están lanzando gases lacrimóxenos e hai cargas”, asegura unha galega que levaba máis dunha hora e media tentando coller un voo. Dous voos con destino A Coruña e Santiago foron cancelados polas protestas.

Por Galicia Confidencial | Barcelona | 14/10/2019 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

Os centos de manifestantes independentistas que acudiron ao aeroporto do Prat, en Barcelona, conseguiron colapsar o tráfico aeroportuario, sobre todo, o da terminal 1, que é a dos voos internacionais. Unha situación dunha “gran tensión” tal e como relatan galegos que se atopan na terminal a Galicia Confidencial.

Manifestantes independentistas no aeroporto de Barcelona
Manifestantes independentistas no aeroporto de Barcelona | Fonte: Maite - remitida

“Nestes momentos están lanzando gases lacrimóxenos e hai cargas policiais”, apunta unha lectora do GC que asegura que a tensión é “máxima”. Ela leva no aeroporto máis de hora e media tentando coller un avión. 

Para acceder ao aeroporto tivo que correr campo a través debido ao colapso circulatorio. "Estamos pasando moito medo", asegura pola gran tensión entre policía e manifestantes. 

VOOS CANCELADOS

Dous voos que saían do aeroporto de Barcelona con destino A Coruña e Santiago foron cancelados polas protestas convocadas por Tsunami Democràtic como resposta á sentenza do proceso soberanista.

Un dos voos cancelados tiña previsto despegar ás 20,05 horas cara á Coruña, onde tiña previsto chegar ás 21,50 horas.

Manifestantes no aeroporto do Prat, en Barcelona
Manifestantes no aeroporto do Prat, en Barcelona | Fonte: Maite - EP

Pola súa banda, o outro voo afectado, operado por Veling, tiña previsto saír ás 21,25 horas do Prat cara ao aeroporto de Lavacolla.

En total, 67 voos que saían do Aeroporto de Barcelona - El Prat foron cancelados polas protestas convocadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

Galegas e galegos tamén había entre os manifestantes, que facían o mesmo que eses de Hong Kong que molan tanto... E polis galegos dando porrazos fixo que tamén... C'est la vie.