Trasladadas dúas persoas con síntomas de intoxicación por inhalación de gases en Arteixo

Os bombeiros tamén actuaron para sufocar un incendio declarado nun cuarto dunha vivenda da Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2019 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a dous veciños de Vilarrodís, no municipio de Arteixo (A Coruña), con síntomas compatibles cunha intoxicación por inhalación de gases.

Piso.
Piso.

Así o indicou o 112 Galicia, que engadiu que, co fin de localizar a orixe da fuga, o persoal do servizo de emerxencias informou os Bombeiros de Arteixo que, por precaución, retiraron do domicilio tres bombonas.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso tivo lugar na Rúa Pratas Varela sobre as 5,00 horas deste martes. Ao lugar acudiu un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para atender aos dous ocupantes da vivenda, supostamente afectados pola inhalación de gases.

Ante a sospeita dos profesionais sanitarios, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia avisaron os bombeiros do parque comarcal que, despois de revisar a vivenda, decidiron retirar tres bombonas que "podían ter mal colocado o capuchón", indicaron as mesmas fontes.

Tamén realizaron as correspondentes medicións, que deron negativas. A maiores, por parte do 112 avisouse á empresa subministradora do gas para que fixesen as revisións necesarias.

INCENDIO

Por outra banda, na Coruña os bombeiros tamén actuaron para sufocar un incendio declarado nun cuarto dunha vivenda situada na Praza Estéban Lareo Castro.

No interior, había catro persoas, dous adultos e dous menores, que saíron da casa, pero dous deles necesitaron asistencia médica debido á inhalación de fume. Con todo, bastou a atención recibida no lugar do suceso e descartouse o traslado ao hospital.

Foron os propios afectados o incendio quen contactaron co 112 Galicia sobre as 22,00 horas deste luns e indicaron que ardía unha habitación e solicitaron atención sanitaria.

Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos bombeiros da cidade que, cando chegaron ao lugar, constataron que o incendio fora xa sufocado. No entanto, puideron comprobar que arderan obxectos nunha habitación, pero descoñécense as causas do incendio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta