Ferido o condutor dun tractor tras envorcar nun camiño de terra na Coruña

O sinistro ocorreu no lugar de Bens, na parroquia de Visma.

Por E.P. | A CORUÑA | 15/10/2019 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron na mañá deste martes ao condutor dun tractor que resultou ferido despois de envorcar o vehículo agrícola nun camiño de terra na Coruña.

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro ocorreu no lugar de Bens pasadas as 11,00 horas, tal e como indicou o particular que chamou ao servizo de emerxencias para pedir axuda.

No seu relato, a testemuña do accidente asegurou que o condutor caeu ao envorcar o tractor nunha pista de terra situada na parroquia coruñesa de Visma. Tras iso, por parte do 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que trasladou ao ferido a un centro hospitalario.

Tamén foron avisados os bombeiros da cidade, pero a persoa ferida estaba liberada e accesible, indicaron as mesmas fontes.

Tractor rozando unha leira. EMDESFOR - Arquivo
Tractor rozando unha leira. EMDESFOR - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta