Medio millón de euros do narcotráfico que servirán para a atención a drogodependentes

Son fondos procedentes da loita contra o narcotráfico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2019 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

O Goberno central destinará a Galicia un total de 494.000 euros de fondos procedentes da loita contra o narcotráfico para programas de atención a drogodependentes.

Segundo informa a Delegación do Goberno, financiarase ata finais de 2019 diversos programas para a prevención do consumo de drogas en espazos de lecer nocturno e de seguimento de dependentes excarcerlados e prevención do suicidio, entre outros.

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica o convenio asinado pola Delegación do Goberno do Plan Nacional sobre Drogas (Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social) e a Xunta en materia de drogodependencias e con cargo a este fondo.

Esta achega súmase ás transferencias con cargo aos orzamentos aprobadas na Conferencia Sectorial de Drogas, cuns 578.000 euros.

Imaxe da droga incautada no operativo contra o narcotráfico. POLICÍA NACIONAL
Imaxe da droga incautada no operativo contra o narcotráfico. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta