Salvamento Marítimo procede ao rescate dun barco irlandés coa vea rota

O Centro de Salvamento de Fisterra procedeu a coordinar o operativo, no marco do cal enviou na noite do martes un helicóptero.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2019 | Actualizada ás 16:02

Comparte esta noticia

O remolcado de Salvamento Marítimo 'María Pita' procedeu a asistir ao veleiro irlandés 'Escapade', que ten unha vela rota, e trasládao ata A Coruña. Segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo, ás 14,45 horas deste mércores a 'María Pita' fixo firme o remolque e puxo rumbo cara á Coruña. As mesmas fontes destacaron que "continúa o mal tempo" na zona onde se atopan o veleiro e o remolcador, que teñen prevista a súa chegada sobre as 22,00 horas á Coruña.

O catro tripulantes irlandeses permanecen a bordo do veleiro e atópanse "todos ben", destacaron as mesmas fontes. O 'Escapade', de 13 metros de eslora, solicitou ás 22,10 horas deste martes asistencia porque se quedou sen vela e navegaba a motor cando estaba a 56 millas ao noroeste de Cabo Prior.

O Centro de Salvamento de Fisterra procedeu a coordinar o operativo, no marco do cal enviou na noite do martes un helicóptero, pero debido ás condicións meteorolóxicas adversas e ao "non haber risco" para o veleiro, ao seguir a marcha a motor, non se realizou a evacuación da tripulación, explicaron as mesmas fontes.

EMBARCACIÓN DE SALVAMENTO MARÍTIMO.. SALVAMENTO MARÍTIMO
EMBARCACIÓN DE SALVAMENTO MARÍTIMO.. SALVAMENTO MARÍTIMO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta