Os principais productos ecolóxicos de Galicia: o leite e os seus derivados

Xeraron un terzo do volume de vendas do sector en 2018.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2019 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

O conselleiro de Medio Rural, José González, destacou este mércores que o leite e os seus derivados supuxeron o pasado ano unha terceira parte do volume de vendas certificadas polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

En total, segundo informou a Xunta, foron máis de 26 millóns de euros, isto é, por encima do 33% dos 78,7 millóns que alcanzou o produto ecolóxico no conxunto de Galicia. O conselleiro puxo como exemplo disto á Casa Grande de Xanceda, unha explotación de leite ecolóxico situada no municipio coruñés de Mesía que visitou este mércores.

José González puxo en valor que esta explotación conta con base territorial (380 vacas en 175 hectáreas) e "aplica, ademais, na súa produción, conceptos chave, como son a diferenciación, a vangarda, a calidade e a innovación".

"Esta é a liña pola que queremos transitar, en favor dun rural con futuro", dixo José González, que destacou o incremento do 33% no volume de vendas certificadas polo Craega, que pasou de 59 millóns en 2017 a 78,7 millóns o ano pasado.

Leite ecolóxico UGR
Leite ecolóxico UGR | Fonte: ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta