A broa de millo, un dos mellores pans do mundo

Así o recolle unha guía feita pola canle norteamericana CNN.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/10/2019 | Actualizada ás 22:25

Comparte esta noticia

A broa de millo, un pan milenario e orixinario da antiga Gallaecia –hoxe Galicia e norte de Portugal--, foi este mércores destacado polo grupo de comunicación norteamericano CNN como un dos 50 mellores pans do mundo.

Broa de millo, un pan típico de Galicia
Broa de millo, un pan típico de Galicia | Fonte: atable.es

O Día Mundial do Pan, a CNN Travel aproveitou para elaborar unha lista cos 50 mellores pans do mundo, e colocou a broa galega ao lado de pans como as tortas mexicanas ou a baguete francesa. Un alimento, di, que se caracteriza polo seu “destacable” millo.

A lista foi elaborada por Jen Rose Smith, que escolleu pans que pasan por un sabor que prevalece na memoria e que transmitan unha sensación de “casa” a quen os come, nunha “notable amplitude das tradicións alimentares mundiais”. E engade; “o millo e o trigo sarraceno que son moídos en pedra, peneirados e amasados nun recipiente de madeira. Só así se obtén a versión máis tradicional deste saudábel pan de campesiños”, refire a CNN.

Durante a reportaxe tamén se destaca que este pan forma un “arquipélago de fragmentos de crosta de fariña que se expande en fendas profundas”. “Algo que só é obtido por ser cocido en forno de leña”, engade.

A CNN Travel é un portal do grupo CNN que aborda a temática do turismo internacional, con guías, historias e exhibicións multimedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

4 J Fernando

No Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) temos conservadas sementes autóctonas de millo branco de moi boas características panadeiras. O problema que temos e a falta de personal que poida coidar de esos recursos, debido a os recortes orzamentarios que fan que o este Centro de Investigación agraria galego, con 131 anos de historia esté abandoado, nun pais gobernado por ignorantes que non entende a investigación nin os recursos que ten o pais, pero sí se vende á o loby agroindustrial da biotecnoloxía e a agroindustria en mans foráneas. http://www.ciam.gal/sp/index/?r=rec...

1 Sentidiño

Esas sementes son riqueza para o futuro. O voso traballo merece atención política, e sobre todo maior presión informativa: a xente non é parva, sabe ben en qué compensa gastar o diñeiro público e en qué non.

3 Galeguiña

Quero engadir tamén outra mostra do prurito identitario mal entendido que fai referencia ao nome da vila (esta vez sí) de Carballo. Nada ten que ver co nome galego desa árbore, senon que fai referencia ao carácter termal (caldas - caldarium) da localidade. A evolución fonética caldarium - carbarium – carballo desa palabra é a que pon nome á vila (como Caldas de Reis) e non ás árbores, como equivocadamente pensa moita xente e así incide no erro o concello, que ilustra cun carballo (árbore) as placas que dan nome ás rúas da vila. Xa sabe señor alcalde nacionalista de Carballo, cambie ás árbores polo símbolo dunhas caldas, balneario ou cousa parecida e fágalle un favor á cultura propia de Galiza que vostede dí defender e por en valor.

1 Sentidiño

Moitas grazas polas túas aportacións, Galeguiña. En canto a esta última, non coñecía a teoría, pero non semella ser ilóxica (Carballiño tamén é terra de balnearios). En canto ao escudo de Carballo, é a proposta da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, hai quince anos, e pode conter unha mistificación, como sucede na maioría dos escudos familiares, municipais, provinciais, autonómicos, nacionais ou internacionais: as tres troitas dos Gaioso coma tres cabezas de mouro ao espeto, o boi de Baiona que provén dun topónimo, a cebra do escudo de Ávila (por "Cebreros"), o Hércules andaluz que non existiu, o mesmo asunto herculiano nas columnas do escudo de España, as estrelas que xa non collen na bandeira da UE,...

2 Galeguiña

O certo é que a foto que ilustra a nova e o pan ao que se fai referencia como o mellor do mundo, está feito con ese millo novo, o de América, e non co paínzo. Quero aproveitar o comentario para dicir que o nome da Rúa do “Vilar” deriva da palabra millo. Nesa zona da cidade de Santiago plantábase o “millo vello” nunha sorte de vals migliorum – bigliorum –billorium ata chegar a billar, con b. De feito hai postais antigas de Santiago nas que o nome de Rúa do Billar figura así, coa letra b. Digo isto para todos aqueles que lle chaman Rúa do Vilar na crenza de que están a falar dunha vila. O mesmo acontece co nome da Praza do Toural (nunca houbo touros alí nin nada semellante) galeguizando o nome de Toral porque a algún lle pareceu que aquilo fora cousa de Franco ou dos pérfidos españois.

1 Paco Lerer

miremos, si o millo veu da outra beira do Atlántico fai arredor de cinco séculos, cómo poder ser "a broa de millo, un pan milenario e orixinario da antiga Gallaecia"? está ben ser os mellores do mundo, pero a modiño ;-)

1 Sentidiño

Como saberás, "millo" é tamén o nome doutro cereal. O maínzo americano foi chamado "millo novo", e daí a substitución da denominación. O millo tradicional chámase agora "millo miúdo".

2 Sentidiño bis

E ese millo miúdo, de planta baixa, tamén se chama "paínzo", o cereal do pan (no latín de Linneo: "panicum"). Paínzo e maínzo son unha parella ben simpática. O dicionario RAG, por desgraza, non o ten moi claro.

3 Papuxa

Ben falado Sentidiño¡¡¡