Ciudadanos ve "insuficiente" o número de ambulancias que operan na comarca de Lalín

"Creo que este tipo de casos [referíndose ao que aconteceu en Dozón] non axudan nada á repoboación do noso rural", abundou o portavoz de Ciudadanos en Lalín, Alberto Senande.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 17/10/2019 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

Ciudadanos cualificou este xoves de "insuficientes" o número ambulancias que operan na comarca tras o sucedido o fin de semana en Dozón, onde unha ambulancia tardou uns 45 minutos en chegar a un paciente que faleceu.

"A ambulancia non chegou a tempo a buscalo cando se puxo enfermo na festa do Sixto", manifestou o portavoz de Ciudadanos en Lalín, Alberto Senande, quen asegurou que a ambulancia tardou "45 minutos en chegar e xa non houbo nada que facer". "Creo que este tipo de casos non axudan nada á repoboación do noso rural", abundou.

Senande asegurou que o número de ambulancias do 061 que operan na comarca resulta "deficiente para cubrir 1.700 quilómetros cadrados cunha notable dispersión xeográfica que presenta un elevado envellecemento".

"Reclamamos unha ambulancia de soporte vital avanzado (SVA), que actue 12 horas diúrnas, e de ser preciso modifique o novo contrato para dotar de máis medios a Lalín. Esiximos ao alcalde de Lalín e á concelleira de Sanidade que traballen sen cor política neste aspecto polo ben de toda a cidadanía de Lalín", concluíu.

Ambulancias no Hospital Clínico de Santiago.. EUROPA PRESS - Arquivo
Ambulancias no Hospital Clínico de Santiago.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta