A Xunta de Goberno de Santiago aprobará este venres as ordenanzas fiscais

Sánchez Bugallo explicou que se o consistorio decidiu levar as ordenanzas a Xunta de Goberno é porque confía en que "van saír adiante no pleno".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2019 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobará este venres, nunha sesión extraordinaria, as ordenanzas fiscais municipais, aínda que o alcalde, Sánchez Bugallo, non confirmou que exista un acordo xa pechado cos grupos para sacalas adiante.

"Iremos vendo como se desenvolven as cousas", dixo o rexedor tras ser preguntado polos medios de comunicación acerca de se existe un acordo pechado co grupo de Compostela Aberta nesta materia, apuntando que se fixeron " contactos" e que "se farán no que queda de día". "Vivimos unha etapa complicada para todos", resolveu.

No entanto, Sánchez Bugallo explicou que se o consistorio decidiu levar as ordenanzas a Xunta de Goberno é porque confía en que "van saír adiante no pleno".

O calendario do goberno local pasa por aprobalas este venres e, tras cinco días hábiles, sometelas a ditame da Comisión Informativa de Facenda. A continuación, dous días hábiles despois, irán a pleno extraordinario.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa.
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta