3.780.100 euros para o servizo contra incendios do Consorcio provincial de Pontevedra

As contas foron aprobadas por unanimidade.

Por E.P. | Pontevedra | 17/10/2019 | Actualizada ás 15:52

Comparte esta noticia

O pleno do Consorcio Provincial para a prestación do servizo contra incendios e salvamento, participado nun 50% pola Deputación de Pontevedra e noutro 50% pola Xunta, aprobou por unanimidade o orzamento para o próximo ano.

Incendio
Incendio | Fonte: © Miguel Núñez

A sesión, presidida pola titular da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu o visto e prace ás contas que ascenden a 3.780.100 euros, un 2,13% máis que neste 2019.

Á sesión, ademais de Carmela Silva, acudiron o vicepresidente do Consorcio e director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva. Ademais, tamén participaron os deputados provinciais Carlos Font e Santos Héctor, así como o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

O orzamento para 2020, cuxa tramitación se aprobará directamente cos orzamentos da Deputación, mantén o esforzo investidor que xa tivo en 2019.

Ademais da aprobación das contas, o pleno deu luz verde ás bases de execución, ao cadro de persoal e de retribucións para o próximo ano, así como ao informe de cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria e límite da débeda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta