Morre unha muller ao caer nun pozo na Laracha

Ocorreu no lugar do Feal, sobre as 15.30 horas deste xoves.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2019 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

Unha muller faleceu na tarde deste xoves despois de caer ao interior dun pozo no termo municipal coruñés da Laracha.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Os Bombeiros de Bergantiños recuperaron do interior do pozo o corpo sen vida da muller no lugar do Feal, sobre as 15.30 horas. A pesar dos esforzos por salvarlle a vida, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.

Un particular alertara ao 112 Galicia do sucedido, que á súa vez solicitou á intervención do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Bergantiños, Policía Local, a Garda Civil e Protección Civil da Laracha.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta