Os Bombeiros de Vigo piden máis persoal: "Caballero, hai que ter luces para todo"

Case medio centenar de bombeiros do parque de Vigo concentrouse este venres ante as portas do concello da cidade olívica para pedir ao goberno local máis persoal e así acabar coa "descomunal explotación" que, ao seu xuízo, sofren, á vez que tacharon ao alcalde, Abel Caballero, de "mentireiro".

Por E.P. | VIGO | 18/10/2019 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia