Más País cre que "o debate" sobre As Pontes radica nos "beneficios" de Endesa

Bescansa e o candidato por Pontevedra confían en que as probas sobre o uso de lodos e residuos para a planta saian "satisfactoriamente".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2019 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

A cabeza de lista de Más País pola Coruña, Carolina Bescansa, asegurou que "o debate" sobre o futuro da central das Pontes "non é" sobre o uso de "enerxías limpas ou contaminantes", senón que radica na "marxe de beneficios que os propietarios" de Endesa "queiran ter".

Así se expresou Bescansa en declaracións aos medios tras manter, acompañada polo número uno de Más País por Pontevedra, Daniel Liceras; un encontro cos traballadores da planta, aos que lles trasladaron o seu apoio.

"Queren facernos crer que o problema das Pontes é escoller entre enerxías limpas ou contaminantes e iso é un falso dilema", aseverou Bescansa, que insta a atopar unha solución para a continuidade da planta a través da súa transformación para así "non deixar a 400 famlias na rúa".

"O que se escolle é entre reutilizar a planta, transformala de forma radical para que sexa 100% renovable; ou garantir con recursos públicos que os propietarios da empresa teñan un novo modelo de negocio que deixe a 400 familias na rúa e que lles fagan gañar o dobre ou o triplo do que gañan agora", incidiu.

Pola súa banda, o número de Más País por Pontevedra, Daniel Liceras, expresou a súa confianza en que as probas con lodos e residuos que a partir da próxima semana se desenvolverán na planta sexan "satisfactorias" e permitan "garantir" o futuro dunha "planta punteira, non só a nivel nacional senón tamén internacional".

Carolina Bescansa, na Facultade de Ciencias da Comunicación (USC)
Carolina Bescansa, na Facultade de Ciencias da Comunicación (USC)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta