Por Galicia Confidencial | Vigo | 07/06/2012 | Actualizada ás 18:01
"Educo ao meu fillo na casa porque quero o seu ben como persoa". Así de contundente se denfedeu A.R.L.V. da denuncia da Fiscalía que a acusa de non atender á educación do seu fillo.
A acusada, que se enfronta a unha multa de 1.260 euros, explicou que o método que segue consiste en educación en casa, onde ela "apoia" pero non "dirixe", e tamén nun centro Pumariños onde o neno realiza diversas actividades, tanto físicas como de aprendizaxe e xogos.
O xuízo contra ela iniciouse logo de que o neno, cumpridos os oito anos pedíu ir a escola pero, unha vez alí, non se adaptou e acabou abandonandoa. A súa nai di que "necesitou tempo para asimilar as consecuencias dunha escolarización na que sentiu mal", á vez que indicou que o seu fillo segue actualmente co método de ensino en casa.
Tal e como xa contamos neste medio, tras coñecer a decisión, diferentes colectivos se solidarizaron coa acusada e denunciaron que a Xunta esta a "recrudecer" as acusacións contra os proxenitores que non queren levar á escola aos seus nenos. Unha nova modalidade de ensino que se coñece como o "homeshooling". De feito, algunhas nais explicaron os seus casos a GC nesta reportaxe de tingalaranga:
Pouca adaptación
Con todo, a director da colexio onde o neno estivo seis días asegura que tiña problemas de adaptación e que "non levaba ben o quedar sentado" nin tampouco "aguantaba moito tempo una mesma actividade, que é o que lle pasa aos nenos de tres ou catro anos". Con todo, rexeitou que a nai desatendese ao seu fillo.
No xuízo, tamén prestou declaración o orientador do colexio, quen explicou que o neno realizaba as contas "mentalmente", que para a escritura, "non tiña a axilidade suficiente" e que, no caso da lectura, "ía un pouco máis lento do esperado para a súa idade". En canto ás súas características, dixo que era "encantador", "maduro" e que interactuaba con outros nenos, aínda que había unha serie de "cuestións de patio" que non sabía interpretar ben.
Pola súa banda, o neno, nunha declaración escrita, declarou que no colexio había un profesor que non lle gustaba e que non sabía escribir en minúsculas porque ninguén lle ensinou, entre outras cuestións.
A Fiscalía, insiste
A Fiscalía ratificou a súa postura e considerou á muller autora dun delito de abandono de menores xa que pasou "unha situación moi prolongada de absentismo" a pesar de que en España o ensino é obrigatoria até "os 16 anos".
A fiscal sostén que os coñecementos do neno están "moi por baixo dos mínimos" e censurou os "vaivéns" no momento da escolarización, os cales atribuíu a querer "experimentar" no canto de tomar unha "decisión seria".
Pola súa banda, a defensa pediu a absolución ao rexeitar que a vía penal sexa a adecuada para xulgar este caso. "Unha condena por este asunto sería un escándalo", asegurou o letrado, quen engadiu que "non existe a máis mínima proba que indique que se menoscabou o dereito á educación" do neno.
O caso de Marta
Algo menos de 60 familias" están a educar aos seus fillos lonxe das aulas oficiais. Así o explica Marta, nai de tres fillos en idade de escolarización. Canda a súa parella, Marta edúcaos ela mesma dunha "maneira máis libre, natural, cada un ao seu ritmo". Os rapaces, o maior de oito anos, tamén participan en "actividades extraescolares" con outros menos.
Esta familia tamén foi denunciada por "absentismo escolar" por un centro público canda un a metade de curso deron de baixa a un dos seus vástagos na escola. "Se confunde a educación coa obligatoriedade a estar escolarizado, cando son cousas diferentes",argumenta .
Logo o seu caso chegou á Fiscalía de Menores por abandono de familia e está pendente de xuizo por entender que hai unha "desatención" aos seus fillos. Levan tres anos neste proceso, incluídas visitas da Policía e dos servizos sociais a súa casa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.