As vendas da industria galega levan seis meses en negativo

Baixaron un 0,3, aínda que remontou a entrada de pedidos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2019 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

As vendas de industria galega seguen á baixa en agosto (-0,3%), aínda que a entrada de pedidos repuntou un 3,2%, segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Deste xeito, a facturación da industria en Galicia ten unha baixada menor que a media española (-3,6%), nun mes con só tres comunidades en cifras positivas (Aragón, Castela e León e Cataluña).

E é que as vendas na Comunidade galega levan sen crecer desde marzo --en xullo situáronse no 0% e o tres meses anteriores en negativo--. Debido ás subidas do arranque do ano, as cifras aínda están en positivo na media de 2019 (+0,2%), similar á media española (+0,3%).

Así mesmo, en agosto Galicia ten un mellor comportamento na entrada de pedidos (+3,2%) que a media de autonomías, onde hai un retroceso do 4,5%. De feito, supón o segundo maior incremento, só por detrás de Madrid (+11,7%). En xullo, xuño e agosto tivera datos negativos en Galicia.

Na media do que vai de ano, entre xaneiro e agosto, hai un avance do 14,5% nos pedidos, segunda maior entre comunidades, só por detrás de Castela-A Mancha (+17,5%). A media está no 1,5%.

Fábrica de Ferroatlántica en Cee
Fábrica de Ferroatlántica en Cee | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 patético

Para que suban as vendas da industria galega primeiro hai que ter industria non si? pero aiquí o que se leva é ter cidades da cultura e diputacións.... para qué industria? ollo que veñen prazas a tutti mundi¡¡¡