Galicia é a comunidade na que menos crece o emprego en servizos

E iso, a pesar dunha alza de vendas do 1,2%. O ritmo de vendas en España é o menor en tres anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2019 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

Galicia é a comunidade na que menos crece o emprego en servizos en agosto (+0,1%), a pesar de ter unha alza de vendas no sector do 1,2%, segundo datos publicados este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

O avance a facturación é o mesmo en Galicia que na media de comunidades (+1,2%). Á cabeza está País Vasco (4,9%) e no outro extremo Castela e León (-3,9%). De media no que vai de ano, entre xaneiro e agosto, a facturación dos servizos galegos increméntase un 4,9%, lixeiramente por encima da media española (+4,3%).

Respecto ao emprego, nos oito primeiros meses do ano a alza na Comunidade galega é do 1,6%, dúas décimas por baixo da media española (+1,8%).

DATOS ESTATAIS

O sector servizos rexistrou en España un aumento da súa facturación do 1,2% o pasado mes de agosto en relación ao mesmo mes de 2018, o seu menor ritmo en tres anos, segundo datos provisionais publicados este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Esta taxa, coa que os servizos encadean xa 72 meses de ascensos interanuais, é catro puntos inferior á rexistrada o mes anterior (+5,2%) e é a máis baixa desde xullo de 2016, cando os servizos incrementaron as súas vendas un 0,8% en valores interanuais.

Camareira
Camareira | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta