O PP introduce a crise de Cataluña no debate político de Galicia e divide a nacionalistas e non nacionalistas

O Concello de Pontevedra aproba unha moción do PP en apoio a Forzas de Seguridade en Cataluña con votos en contra do BNG. A formación nacionalista rexeita a iniciativa por "electoralista" e o PP acusaos de manter posturas "indecentes" e "indefendibles".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2019 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

O pleno do Concello de Pontevedra aprobou unha moción, presentada polo Partido Popular por vía de urxencia, en apoio ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado que están despregadas en Cataluña para facer fronte aos disturbios tras a sentenza do procés. Unha moción que dividiu aos grupos do concello, especialmente, ao BNG, do resto, incluido, o seu socio de goberno, o PSOE.

A iniciativa saíu adiante cos votos a favor do Partido Popular, Partido Socialista e Cs, mentres contou co rexeitamento do BNG.

No debate, socialistas e nacionalistas criticaron a moción dos populares por "electoralista e demagóxica". Unha iniciativa que se presentaba, segundo a concelleira do Bloque Carme da Silva, cunha "clara finalidade política". Da Silva insistiu en que o BNG sempre condenou "calquera tipo de violencia" e desexou unha pronta recuperación para "todos os feridos" nos disturbios.

POSTURA DOS GRUPOS

O portavoz do PP, Rafa Domínguez, acusou ao BNG de tentar "traer a Galicia o problema catalán" cunha postura "indecente" e "indefendible". Chegou a dicir que "votar a (Ana) Pontón é votar a (Quim) Torra".

Rafa Domínguez tamén reprochou ao PSOE a súa postura "equidistante" na cuestión catalá, "mantendo ademais acordos con partidos nacionalistas". O portavoz do PSOE, Tino Fernández, quixo deixar claro "o total apoio do Partido Socialista ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado", mentres lamentou que o PP non teña "sentido de Estado" e que aproveite a situación para "sacar réditos". "Un partido que pacta con fascistoides non nos ten que dar leccións", apostila.

Finalmente, o concelleiro de Cs, Goyo Revenga, expresou a súa adhesión sen fisuras á moción do PP ante unha situación en Cataluña que "fere a alma".

Miguel Fernández Lores. EUROPA PRESS - Archivo
Miguel Fernández Lores. EUROPA PRESS - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Poco Pico

cando un partido (PP) non ten argumentos propios cada lea allea convertese en pilar básico do seu discurso

2 NaEP

cando un non ten argumentos propios cada lea allea convertese en pilar básico do seu discurso

1 KaraduraUzm

Pois non vexo eu o por que un "Accidente Laboral" dun Policia ten que ter un trato diferente que o dun Albanel que se cae dun Andamio...agas que sexa o clasico victimismo para trincar mais "soldada"...