O Consello da Cultura Galega analizará as diferenzas entre o patrimonio público e o privado

As incautacións e doazóns de fondos privados desde o século XVIII, os procesos desamortizadores ou a asunción de bens eclesiásticos foron algunhas das fórmulas empregadas "para facer primar o público fronte ao privado".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2019 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

O Consello da Cultura Galega acollerá desde este martes a xornada 'O patrimonio moble, entre o público e o privado', na que xuristas, archivistas e profesionais reflexionarán durante dous días acerca da tutela dos bens patrimoniais e a súa forma de xestión.

A xornada será inaugurada pola presidenta da institución, Rosario Álvarez, xunto con Rebeca Branco Rotea, coordinadora da Sección de Patrimonio da entidade. Poderase seguir en directo desde a web do CCG.

O 'valor de fruición', que fixo que os poderes públicos tutelasen o patrimonio con independencia de quen fose o seu propietario, as incautacións e doazóns de fondos privados desde o século XVIII, os procesos desamortizadores ou a asunción de bens eclesiásticos foron algunhas das fórmulas empregadas "para facer primar o público fronte ao privado".

Con este punto de partida, os expertos debaterán sobre a necesidade de seguir o mesmo modelo ou buscar novos camiños. Para iso, centraranse en tres eixos, o patrimonio privado, en análise de fondos e coleccións de orixe privada existentes en Galicia e, por último, aspectos da xestión público-privada.

Sesión Plenaria do Consello da Cultura Galega. CCG
Sesión Plenaria do Consello da Cultura Galega. CCG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

lástima que non traten da privatización dos ben públicos (que é o que está a suceder tódolos días!) pero algúns van por libre e poñen o seu "saber i entender" (como ministro de Fomento) ao servizo dos intereses privados Acento ! https://twitter.com/acento_ap/statu... Mentras o CCG falando da desamortización de Mendizábal !!!