Ciudadanos cre que o PP "estira titulares de promesas incumpridas" cos orzamentos

"Só presentan propostas de paripé", di Laureano Bermejo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2019 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

Ciudadanos asegurou que o Partido Popular "estira titulares de promesas incumpridas" cuns orzamentos da Xunta para o próximo ano 2020 feitos "para a galería e non para solucionar os problemas dos galegos".

"A realidade é que hai poucos proxectos novos para Galicia e os que hai copiáronllos a Cs, como é o da supresión do Imposto de Sucesións", asegurou o secretario de Organización da formación laranxa en Galicia, Laureano Bermejo.

Nun comunicado, Bermejo lamenta que o Goberno galego "se esqueza" de cuestións "como o lume ou a limpeza dos núcleos rurais" nas súas contas para o ano próximo, onde tamén bota en falta partidas para o fomento da natalidade ou o comercio local.

"Non apostan pola natalidade, esquécense do sector comercial e non hai unha aposta clara prol o comercio local. Só presentan propostas de paripé", incidiu o tamén concelleiro no Concello de Ourense.

Por último, Ciudadanos censura que a Xunta "só se centre no Xacobeo 2021", un evento que, para a formación laranxa, "non vai solucionalo todo".

Laureano Bermejo falando coa prensa.. CIDADÁNS
Laureano Bermejo falando coa prensa.. CIDADÁNS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta