Os salarios galegos perden poder adquisitivo

Un asalariado galego debe traballar todo o ano para cobrar o mesmo soldo que outro fai en 11 meses.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2019 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

Os salarios galegos perderon en 2018 un 0,4% de poder adquisitivo, a pesar de que subiron un 1,3% ata 1.491 euros, segundo o VII Monitor Adecco sobre Salarios en Galicia.

No tocante á variación de prezos de consumo, este 0,4% de perda de poder adquisitivo é lixeiramente inferior á media de descenso en España (-0,6%).

O salario medio segue sendo un 10% inferior á media española, xa que son 167 euros menos (1.658 euros no Estado). A subida salarial en Galicia é case similar á española (+1,2%). Isto significa que un asalariado galego debe traballar todo o ano para cobrar o mesmo que outro fai en 11 meses.

Por sectores, a industria é a que conta cos salarios máis elevados en Galicia (1.750 euros), mentres nos servizos están os máis baixos (1.425 euros).

En Galicia, o 10% de asalariados que cobra menos ten unha remuneración media de 454 euros por mes. O 10% de asalariados que máis cobra alcanza os 4.562 euros mensuais, 10 veces maior que os menores soldos.

Na análise do último lustro, o maior incremento salarial prodúcese na industria (+8,2%), seguido de construción (+6%). En servizos só se elevou un 1,5%.

O peso dos salarios no PIB galego sobe unha décima en 2018, tras oito anos de caída. EUROPA PRESS - Arquivo
O peso dos salarios no PIB galego sobe unha décima en 2018, tras oito anos de caída. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pitito

Dende hai anos, e nunca foi nova!!!! Curioso, non si?