As ampliacións de capital en empresas moven 109 millóns en Galicia en setembro

As sociedades mercantís sucribieron durante 2019 máis de 726 millóns de euros, unha caída do 25,18% con respecto ao mesmo período de 2018.

Por E.P. | | 22/10/2019 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

As sociedades mercantís galegas efectuaron en setembro ampliacións de capital por valor de 109,19 millóns de euros, unha cifra que supón un incremento do 398,3% con respecto ao mesmo mes do ano pasado, segundo os datos procesados polo Gabinete de Estudos Económicos da axencia de rating Axesor.

Deste xeito, Galicia sitúase como cuarta --tras Madrid, Cantabria e Cataluña-- na que as empresas subscribiron máis cantidade de capital.

En canto ao dato anual acumulado, as sociedades mercantís subscribiron ata o mes de setembro máis de 726 millóns de euros, o que con todo implica unha caída do 25,18% con respecto ao 2018.

TOTAL ESPAÑA

No total estatal, as empresas efectuaron en setembro ampliacións de capital por importe de 1.520 millóns de euros, o que supón un 4,2% máis que no mesmo mes do ano pasado. No entanto, trátase da segunda cifra máis baixa para un mes de setembro no últimos dez anos, só por diante da de 2018, cando o fluxo de ampliacións de capital foi de 1.100 millóns de euros. O balance acumulado dos nove primeiros meses do ano mostra un aumento do importe destinado a ampliacións de capital de apenas un 1,1%, ata os 19.326,3 millóns de euros.

POR SECTORES

Axesor observa descensos no diñeiro destinado a ampliacións de capital en nove dos 20 sectores que analiza. Entre as caídas de setembro, destacan a hostalaría, que rexistrou un descenso interanual do 66,4%; a industria manufactureira (-64,7%) e o comercio (-22,8%).

Por contra, entre os ascensos, o comercio disparou un 52,4% o volume de diñeiro destinado a ampliacións de capital en setembro e acumula nos nove primeiros meses un incremento interanual do 71,4%, con 1.652 millóns de euros mobilizados.

Destaca tamén o crecemento en industrias extractivas, con 2.883 millóns de euros mobilizados en setembro, catro veces máis que no mesmo mes de 2018, e o das actividades financeiras e de seguros, con 496,8 millóns de euros, cifra que multiplica por máis de tres a de setembro do ano pasado.

No entanto, o maior aumento relativo en setembro protagonizouno transporte e almacenamento, que multiplicou por máis de dez o importe das ampliacións de capital respecto ao mesmo mes de 2018, ata os 166,1 millóns de euros. Con todo, no acumulado do ano o balance é negativo (-59,8%).

Sector da hostalaría. Europa Press - Archivo
Sector da hostalaría. Europa Press - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta