Detidos dous homes por roubar a punta de navalla a un viandante no centro histórico en Santiago

Tamén roubaran nunha casa habitada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2019 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron a dous mozos como presuntos autores dun delito de roubo con violencia e intimidación por asaltar a un viandante no centro histórico de Santiago cunha "navalla de grandes dimensións".

Así o informou a Policía Nacional, que relatou que os feitos sucederon o pasado 15 de outubro cando, sobre as 22,00 horas, os detidos abordaron nunha rúa do centro histórico a un mozo co pretexto de pedirlle lume. Nese momento, un deles procedeu a suxeitalo pola roupa e o outro a ameazalo cunha navalla de grandes dimensións, á vez que esixían que lle entregase todo o que leva.

Estes dous individuos lograron levar o teléfono móbil, un chisqueiro e 15 euros en efectivo da vítima, tras o que fuxiron á carreira do lugar, apuntaron as mesmas fontes.

Con posterioridade e "grazas á minuciosa descrición dos autores achegada pola vítima", destacan as mesmas fontes, os asaltantes foron localizados polos axentes da Policía Nacional, quen procederon á súa detención e interviñeron os efectos que foran subtraídos momentos antes.

Unha vez en dependencias policiais, os investigadores puideron comprobar que un dos detidos supostamente estaba implicado noutro tres feitos delituosos máis, un deles por quebrantamento de condena, outro delito de roubo con violencia e intimidación cometido o pasado mes de xullo sobre unha muller de 80 anos mediante o procedemento do tirón.

CASA HABITADA

A eles súmase un terceiro delito de roubo con violencia e intimidación en casa habitada, onde este home en compañía dun terceiro, accedera a un domicilio no que subtraeron unha consola de videoxogos.

Froito da investigación, logrouse identificar a este terceiro individuo que foi igualmente arrestado, polo que a intervención policial saldouse coa imputación a un dos detidos e de maior idade dun total de tres roubos con violencia e intimidación e un delito de quebrantamento de condena e aos outros dous un delito de roubo con violencia e intimidación.

Unha vez elaboradas as dilixencias policiais os arrestados foron postos a disposición xudicial, tras o que o Xulgado de Instrución número 1, en funcións de garda, ordenou o inmediato ingreso en prisión de dous dos detidos, mentres o terceiro quedou en liberdade con medidas cautelares.

A intervención policial foi realizada pola Brigada Local de Seguridade Cidadá e a Brigada Local de Policía Xudicial da Comisaría Local de Santiago de Compostela.

Detención da policía. POLICÍA NACIONAL
Detención da policía. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta