Errejón viaxa este venres a Galicia para arroupar a Carolina Bescansa nun mitin na Coruña

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2019 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

O líder de Más País, Íñigo Errejón, viaxará este venres a Galicia para arroupar nun mitin na Coruña á cabeza de lista por esa provincia e referente do proxecto na comunidade, Carolina Bescansa, segundo confirmaron a Europa Press fontes de Más País.

O acto terá lugar na tarde do venres na Fundación Once da cidade herculina e espérase que, ademais de Errejón e Bescansa, participen outros membros do proxecto político que nestas eleccións xerais salta da política madrileña á estatal.

Así, Errejón volve a Galicia para participar nun mitin tres anos despois de facelo durante a campaña electoral das autonómicas de 2016, cando estivo xunto ao entón candidato de En Marea, Luís Villares, nun acto en Pontevedra.

Errejón e Carolina Bescansa durante o Congreso de Vistalegre.. EUROPA PRESS - Arquivo
Errejón e Carolina Bescansa durante o Congreso de Vistalegre.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta