O alcalde de Sanxenxo, do PP, chama "populistas de merda" aos críticos coa xestión da sanidade pública galega

Telmo Martín considera que a sanidade "debería estar fóra" do debate político e estende as críticas ao seu propio partido.

Por Galicia Confidencial | Sanxenxo | 22/10/2019 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia

O alcalde da localidade pontevedresa de Sanxenxo, Telmo Martín, tachou este martes de "populistas de merda" a todas aquelas persoas que critican a xestión da sanidade pública galega por considerar que a utilizan politicamente.

Telmo Martín González
Telmo Martín González | Fonte: Europa Press.

O rexedor pontevedrés e destacado membro do PP asegurou que el é un "firme defensor" da sanidade pública e afirmou que é "lamentable e triste" esta "utilización partidista" do sistema sanitario.

"É unha vergoña", engadiu Martín, que destacou que a sanidade "debería estar fóra" do debate político e traballar unicamente para lograr unha "mellora constante" no sistema.

O político asegurou estar "indignado" coas críticas á sanidade e fixo extensible o seu enfado "tamén a xente do meu partido".

A todos eles recomendoulles "viaxar máis polo mundo adiante" para valorar o sistema sanitario español e "pensar dez segundos antes de falar mal do sistema de saúde público en Galicia.

A maioría de persoas "razoables" deste país, segundo Martín, están "orgullosas" da sanidade galega e, por iso, os políticos que critican o seu estado actual "pensan que os cidadáns son uns ignorantes".

Ademais, Martín cargou tamén contra os sindicatos do sector sanitario porque, ao seu xuízo, son uns "acovardados" e prexudican "moitísimo" a sanidade, especialmente porque "non din o mesmo sen cámaras que con elas diante".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta