Advirten de que a morosidade "inflúe negativamente" nos alugueres en Galicia

O número de vivendas en aluguer tan só aumenta un 2,1% en 2019, unha variación bastante menor que a do 2018 (+6%).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2019 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

O número de vivendas en aluguer en Galicia moderou o seu crecemento e tan só aumenta un 2,1% en 2019, un dato similar ao conxunto de España (+1,95%), pero que supón unha variación bastante menor que a do 2018 (+6%).

Aluguer
Aluguer | Fonte: EP.

Segundo un estudo realizado polo Ficheiro de Inquilinos Morosos (FIM), isto débese a que a morosidade, un problema que "se acrecentou" este ano, "inflúe negativamente" nos arrendamentos. E é que, de acordo con este informe, en 2019 "duplicouse" o número de desafiuzamentos por falta de pagamento das rendas do aluguer.

O director de Estudos e Calidade de FIM, Sergio Cardona, explica que o mercado emerxente galego "está a sufrir unha desaceleración debido ao medo dos propietarios pola alta taxa de morosidade, coa Coruña e Pontevedra á cabeza". Por iso, apela a que os propietarios "tomen conciencia e comproben como é o inquilino que se interesou pola súa vivenda antes de asinar o contrato".

Por cidades, o estudo do Ficheiro de Inquilinos Morosos presentado este martes asegura que só Pontevedra supera o aumento rexistrado no total de Galiia, cunha suba do 2,2%. A esta urbe séguenlle Ourense (+1,8%) e A Coruña (+1,7%).

Do total de inmobles arrendados en Galicia, a maior parte concéntranse nas cidades da Coruña (16,8%) e Vigo (16,5%). O FIM relaciona este dato coa "notable evolución da industria" nestas zonas. Tras estas urbes destaca Santiago, que concentra o 8,2% das vivendas alugadas debido a "a presenza da universidade" e as "principais institucións galegas".

Ademais, o estudo recalca que na capital galega existen 13,19 inmobles arrendados por cada 100 habitantes, fronte ao seis de media que hai no conxunto de Galicia e os 7,9 de toda España. Tras Santiago sitúanse A Coruña (10,77 por cada 100), Ourense (9,25), Vigo (8,76), Lugo (7,71) e Pontevedra (7,05).a.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta